Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.282

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1996 pola que se convoca un curso sobre policía científica, dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 de forma descentralizada, e conforme ás funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre policía científica, que deberá desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos:

a) Coñecer cómo traballa a policía científica e as posibilidades que existen no campo da identificación policial.

b) Saber cales son os sistemas e modos de identificación, así como as peculiaridades e necesidades de cada un deles.

c) Dota-lo policía dos coñecementos indispensables para que a súa actuación diante dun caso real sexa correcta.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Rúa de Madrid, 2-4 polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) As funcións da policía científica.

b) Identificación persoal: mostras biolóxicas, a voz, e escrita, fotografía, descrición, lofoscopia e outras.

c) Identificación de armas, obxectos e mostras químicas: balística, trazas, análises químicas.

d) O lugar dos feitos como campo de traballo da policía científica: A inspección ocular.

e) A protección do lugar como imperativo.

f) O indicio da orixe lofoscópica: as impresións dactilares e a súa importancia.

g) A actuación policial diante do descubrimento dun cadáver ou os seus restos.

Datas.

O curso celebraráse do 7 ó 11 de outubro de 1996.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicaráse o día 1 de outubro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

O curso desenvolveráse nos locais da policía local de Vigo.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada ó mesmo, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, conlevará a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adapta-lo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

9605725