Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 310/1996, do 18 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de 25 RVL O Páramo-alargamento e mellora da E.P. do Páramo a Cendoi, p.k. 3,000 ó 4,220.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 15 de setembro de 1995, aprobou o proxecto de 25 RVL O Páramo-alargamento e mellora da E.P. do Páramo a Cendoi, p.k. 3,000 ó 4,220, e na sesión do día 25 de marzo de 1996 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Pola deputación foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 18 de xuño de 1996, baixo o número 6195.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 19 de xuño de 1996, nº 6263.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque este proxecto figura incluído nun plan financiado con fondos estatais de colaboración local incluídos nos orzamentos xerais do Estado para o ano 1995 e de acordo co establecido no artigo 29.2º, por tanto aplícaselle o disposto na correspondente lei así como no Art. 15 de RD 665/1990, do 25 de maio que di: «O Plan Provincial de Cooperación deberá con carácter xeral, quedar totalmente executado dentro do ano seguinte a aquel no que fora concedida a subvención».

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 25 RVL O Páramo-alargamento e mellora da E.P. do Páramo a Cendoi, p.k. 3,000 ó 4,220.

Santiago de Compostela, dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9605678