Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 309/1996, do 18 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de reformado de alargamento e mellora da E.P. 29-02 de Lugo á Ponte de Ombreiro, p.k. 2,055 ó 3,559 número 35 P.O.L. 94.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 24 de febreiro de 1995, aprobou o proxecto de reformado de alargamento e mellora da E.P. 29-02 de Lugo á Ponte de Ombreiro, p.k. 2,055 ó 3,559 nº 35 P.O.L. 94 e na sesión do día 27 de novembro de 1995 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 24 de xuño de 1996 baixo o número 6398.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de maio 1996, nº 4967.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque este proxecto figura incluído nun plan provincial con fondos estatais de colaboración local incluídos nos orzamentos xerais do Estado para o ano 1995, e por tanto aplícaselle o disposto na correspondente lei así como no Art. 15 de RD 665/1990, do 25 de maio que di: «O Plan provincial de cooperación deberá con carácter xeral, quedar totalmente executado dentro do año seguinte a aquel en que fose concedida a subvención».

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o dis posto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial

de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de reformado de alargamento e mellora da E.P. 29-02 de Lugo á Ponte de Ombreiro, p.k. 2,055 ó 3,559 nº 35 P.O.L. 94.

Santiago de Compostela, dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9605677