Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución de espacios naturais que formula o instructor do expediente sancionador C-129/1995 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución de espacios naturais por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 7 de xuño de 1996.

Vicente Piorno González

Instructor

ANEXO

Expediente: C-129/1995.

Denunciado: César Malvido Chapela.

Último domicilio coñecido: Espírito Santo, 20-Cangas.

Feito denunciado: cazar finxílidos con rede tipo bolboreta, non estando autorizado.

Precepto infrinxido: Art. 33.1º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: 33 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 50.000.

5373