Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre a urxente ocupación de bens e dereitos para o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 94/8-3 A.T.).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de Eléctrica de Alberguería, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na cidade de Ourense, rúa Sáenz Díez, 29, na que solicita a declaración de urxente ocupación de bens e dereitos necesarios para impoñe-la servidume de paso de enerxía eléctrica para o establecemento e subseguinte explotación das instalacións que se describen a seguir.

Expediente nº IN407 94/8-3 A.T. Liña aérea para transporte de enerxía eléctrica a 20 kV de 2.803 m de lonxitude, con orixe na minicentral de Santa Cruz (O Bolo) e con final no apoio nº 276 da liña a Larouco, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; a dita instalación foi autorizada e declarada de utilidade pública, por resolución desta delegación provincial do 24 de xullo de 1994 (BOE do 25-7-1994, BOP do 18-11-1994 e DOG do 27-2-1995).

A relación concreta e individualizada dos interesados cos que a sociedade peticionaria non logrou acadar acordos para a súa adquisición ou indemnización amigable publicouse no BOP de Ourense nº 71, do 27-3-1995, e no diario local La Región nº 24.203, do 17-3-1995.

O que se fai público coa finalidade de que calquera persoa, no prazo de información pública e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación, poida aporta-los datos precisos para corrixir posibles erros, e tamén para que os interesados poidan formular alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, por escrito triplicado que deberán presentar nesta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, 1, no prazo de quince días hábiles contados desde o

seguinte á publicación deste anuncio ou desde a data en que reciban a notificación que se lles practica individualmente.

Os interesados poderán pedir, a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os demais datos que considere precisos para a identificación dos seus bens e a forma en que lles afecta a servidume.

Ourense, 3 de abril de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5381