Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.244

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1996 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, anúncianse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.- Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles corresponda, a instancia e o currículo segundo o modelo do anexo II.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP.

Terceira.-Certificacións de participación.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen supera-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

2. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Quinta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Sexta.-Probas e certificados.

Valorarase a participación dos alumnos ó longo do curso. A EGAP poderá fixa-las probas que coide pertinentes para avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos e, se é o caso, e de conformidade co director do curso, requirir un traballo práctico, que sería presentado ó final do curso.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

* Curso: mantemento polivalente (7 cursos).

1. Obxectivos.

Coñecemento amplo das instalacións eléctricas de fontanería, de calefacción e refrixeración dos edificios.

2. Destinatarios.

Persoal laboral que desempeñe tarefas de mantemento de edificios (grupos III, IV; V).Os criterios de selección que se terán en conta serán os publicados no apartado A) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994; DOG nº 162, do 23-8-1994). Para cada localidade terá preferencia o persoal que desempeñe os seus servicios nela.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Que efectivamente se desempeñen tarefas relacionadas co obxecto do curso.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas (2 teóricas e 18 prácticas).

3.2. Lugares e datas:

-Ferrol (Fondo Formación): do 16 ó 20 de setembro.

-A Coruña (Calvo Sotelo): do 23 ó 27 de setembro.

-Lugo (Fondo Formación): do 30 de setembro ó 4 de outubro.

-Vigo (Fondo Formación): do 7 ó 11 de outubro

-Pontevedra (Fondo Formación): do 14 ó 18 de outubro.

-Ourense (Fondo Formación): do 21 ó 25 de outubro

-Santiago de Compostela (EGAP): do 4 ó 8 de novembro.

3.3. Horarios: de 17 a 19 horas.

3.4. Prazas. 25 por curso.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 4 de setembro.

4. Contido básico.

-Conceptos básicos sobre mantemento de edificios.

-Instalacións de calefaccións: electricidade, queimadores.

-Instalacións de fontanería.

-Instalacións de refrixeración e climatización.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4. 15703 Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da EGAP ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: informática para usuarios do Sistema de Xestión de Procementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (20 cursos).

1. Obxectivos.

Mellora-lo coñecemento dos usuarios do SXPA sobre conceptos básicos na materia informática e sobre algunhas das ferramentas utilizadas pola Xunta de Galicia como parte da plataforma tecnolóxica na que se basea o SXPA.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Que sexan usuarios finais do SXPA, circunstancia que será acreditada pola Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública de acordo coa lista de usuarios activos no sistema a 31 de maio de 1996.

No caso de que nunha provincia/servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (40 para cada provincia/servicios centrais), unicamente se considerarán as solicitudes de usuarios que durante os meses de abril e maio de 1996 tivesen máis días de conexión ó sistema. (No documento de solicitude -anexo II- deberá indicarse obrigatoriamente o código de identificador do usuario xunto co seu nome).

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da Escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 15 horas.

3.2. Lugares e datas:

-Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense: 9-13 de setembro.

-Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra: 16-20 de setembro.

-Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra: 23-27 de setembro.

-Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra: 30 de setembro-4 de outubro.

-Lugo, Pontevedra: 7-11 de outubro.

3.3. Horarios: de luns a venres, de 16.30 a 19.30.

3.4 Prazas: 10 alumnos por curso.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 14 de agosto.

4. Contido básico.

Introducción e conceptos básicos sobre sistemas informáticos; sistema operativo MS-DOS e Windows.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: auditorías de calidadcde en Laboratorios da Rede Europea de Laboratorio de Ensaio (RELE) (1 curso).

1. Obxectivos.

Formar tecnicamente os destinatarios do curso en auditorías de calidade en laboratorios RELE co obxecto de que os nosos laboratorios poidan entrar a formar parte da devandita rede.

2. Destinatarios.

Persoal técnico (titulados medios e superiores) e analistas de laboratorio dos laboratorios dependentes da Dirección Xeral de Industria.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Que o seu posto de traballo estea relacionado cos contidos do curso.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da Escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 32 horas.

3.2. Lugares e datas:

A Coruña, ó longo do mes de setembro.

3.3. Horarios: xoves e venres en xornada de tarde.

3.4. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 13 de setembro.

4. Contido básico.

Auditorías de calidade en laboratorios da Rede Europea de Laboratorio de Ensaio. Competencia técnica dos laboratorios de ensaio.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Industria, Consellería de Industria e Comercio, San Caetano, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: métodos de medida de contaminantes atmosféricos (1 curso).

1. Obxectivos.

Forma-los destinatarios coas técnicas de medida de contaminación atmosférica e a súa aplicación de acordo coa lexislación específica na materia.

2. Destinatarios.

Persoal técnico e analistas de laboratorio vinculados coa aplicación no campo do instrumental para a protección do medio ambiente.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Que o seu posto de traballo estea relacionado coas tarefas do curso.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 32 horas.

3.2. Lugares e datas:

A Coruña, ó longo do mes de outubro.

3.3. Horarios: xoves e venres, en sesión de mañá as clases prácticas, e en sesión de tarde as teóricas.

3.4. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 15 de setembro.

4. Contido básico.

Metodoloxía e técnicas de medida de contaminación atmosférica.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Industria, Consellería de Industria e Comercio, San Caetano, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: comunicación, contención e afrontamento no campo da xerontoloxía (8 cursos).

1. Obxectivos.

Desenvolver actividades que lles faciliten unha relación de axuda ó ancián e a súa familia.

Presentar situacións que permitan conter e afronta-los problemas que poidan xurdir en relación cos anciáns, as súas familias e o resto de profesionais.

2. Destinatarios.

Persoal das residencias da 3ª idade, fogares e centros de Servicios Sociais da Xunta de Galicia.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Por antigüidade, dándolles preferencia ás categorías de atención directa ó ancián e ás categorías superiores de cada área e en función dos efectivos e necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas:

Ourense (Residencia 3ª Idade Nª Sª dos Milagres): 21 a 25 de outubro.

-Lugo (Residencia 3ª Idade As Gándaras): 14 a 18 de outubro.

-Vigo (Residencia Asistida Meixoeiro): 11 a 15 de novembro.

-Vigo (Residencia Asistida Meixoeiro): 18 a 22 de novembro.

-Pontevedra (Residencia 3ª Idade de Pontevedra): 21 a 25 de outubro.

-A Coruña (Residencia 3ª Idade Torrente Ballester): 11 a 15 de novembro.

-Oleiros (Residencia 3ª Idade Oleiros): 18 a 22 de novembro.

-Ferrol (Residencia 3ª Idade Ferrol): 14 a 18 de outubro.

3.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

3.4. Prazas: 20 alumnos por curso.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 6 de setembro.

4. Contido básico.

-Principios da comunicación verbal e non verbal. Obstáculos á comunicación.

-Principios básicos da relación de axuda. (Congruencia, aceptación, empatía)

-Capacidade de contención. Utilización da identificación proxectiva.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Servicio Galego de de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: deficiencia mental. abordaxe dos síndromes máis frecuentes. (2 cursos).

1. Obxectivos.

Ampliación dos coñecementos teóricos e prácticos.

2. Destinatarios.

Persoal de atención directa a minusválidos psíquicos.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Antigüidade.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas:

A Coruña (Centro de Educación E. «Santiago Apóstol»): 11 a 15 de novembro.

A Coruña (Centro de Educación E. «Santiago Apóstol»): 25 a 29 de novembro.

3.3. Horarios: 1º curso: de 9 a 13 horas; 2º curso: de 17 a 21 horas.

3.4. Prazas: 40 alumnos por curso.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 6 de setembro.

4. Contido básico.

Etiopatoxenia, diagnóstico, tratamento e problemática social das síndromes máis frecuentes na deficiencia mental.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a avaliación da minusvalidez como acto administrativo. Procedemento (1 curso).

1. Obxectivos.

Formación sobre os aspectos xurídicos, procedementais e formais da actividade administrativa de avaliación da minusvalidez.

Unificación de criterios.

2. Destinatarios.

Membros dos equipos de avaliación de minusvalidez (AVO) dos Servicios Sociais da Xunta de Galicia.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría de cada delegación provincial.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 15 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (EGAP), 14 e 15 de outubro.

3.3. Horarios: de 10 a 14.30 horas e de 16 a 19 horas.

3.4. Prazas: 20 alumnos.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 6 de setembro de 1996.

4. Contido básico.

-O dictame do EVO como acto administrativo: concepto, natureza, procedemento e efectos.

-Aspectos que precisan de actuación uniforme.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: os centros de servicios sociais no contexto dos servicios sociais de atención primaria (1 curso).

1. Obxectivos.

Aporta-los coñecementos teórico-prácticos sobre os distintos niveis de atención-primaria e especializada-, prestacións, programas, recursos, usuarios.

Propicia-la discusión e reflexión en torno ó papel dos centros de servicios sociais no contorno comunitario, cara á programación e planificación dos servicios.

2. Destinatarios.

Directores dos centros de servicios sociais e dos fogares da 3ª Idade da Xunta de Galicia.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada delegación provincial.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas:

Santiago de Compostela (EGAP), 18, 19 e 20 de novembro.

3.3. Horarios: de 10 a 14.30 horas e de 16 a 18.30 horas.

3.4. Prazas: 20 alumnos.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 6 de setembro.

4. Contido básico.

-Deseño e xestión de programas-proxectos de servicios sociais

-Intervención comunitaria a nivel individual, grupal (sectores e grupos), e de comunidade (desenvolvemento comunitario).

-Participación da comunidade: implicación do voluntariado.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: I básico formación administrativa de funcionarios da escala de confrarías (3 cursos).

1. Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo a formación do persoal da escala de confrarías de pescadores de Galicia, co fin de actualiza-lo seu nivel de coñecemento da lexislación máis recente que é de aplicación no seu traballo, así como a mellora de prestación dos seus servicios ó administrado. Así mesmo, e dado o carácter disperso e illado dos destinos dos funcionarios ós que vai destinada a acción formativa, é obxectivo dos cursos incrementa-los vínculos de colaboración entre eles.

2. Destinatarios.

Funcionarios da escala de confrarías de pescadores do grupo E, que desenvolvan o seu labor na lonxa ou que teñan encomendadas tarefas de administración.

2.1. Criterios de selección.

Os cursos ofrécenselle á totalidade do colectivo existente. A inclusión nun grupo ou noutro virá determinada polo criterio xeográfico, en relación co destino de cada funcionario, con base na seguinte distribución dos 3 cursos que se convocan:

-Provincia de Pontevedra: agrupará os funcionarios destinados nas súas confrarías.

-Provincia da Coruña: agrupará os funcionarios destinados nas confrarías comprendidas entre Rianxo e Ferrol (ámbalas dúas inclusive).

-Provincia de Lugo. Agrupará os funcionarios destinados nas súas confrarías da mesma e os das confrarías de Cedeira, Cariño, Espasante e a do Barqueiro-Bares da provincia da Coruña.

A lista dos participantes en cada un dos cursos convocados, será publicada pola EGAP no seu taboleiro de anuncios e pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos das súas delegacións territoriais e comarcais.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Lugares e datas:

-Santiago de Compostela: do 14 de setembro ó 30 de novembro

-Celeiro: do 14 de setembro ó 30 de novembro.

-Vigo: do 14 de setembro ó 30 de novembro.

3.3. Horarios: sábados pola mañá de 9.45 a 14 horas.

3.4. Prazas: Santiago de Compostela: 21; Celeiro: 17; Vigo: 19.

3.5. Prazo de presentación de instancias: 15 días a partir da publicación desta resolución no DOG.

4. Contido básico:

Introducción ó procedemento administrativo.- As confrarías de pescadores. O persoal ó servicio da Administración. Especial referencia ó persoal da escala de confrarías. Normativa básica en materia de pesca, marisqueo e acuicultura.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiránselle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, San Caetano, nº 5 - 2º. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da consellería ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Gastos de locomoción.

Dado o carácter disperso dos destinos do persoal ó que vai dirixido ó curso, aboaranse gastos de locomoción, a razón dun vehículo por confraría e día, con excepción de Malpica, Burela e Portonovo, que poderán presentar solicitude de aboamento de gastos para dous vehículos. A liquidación dos gastos de desprazamento presentarase unha vez finalizado o curso e deberá acompañarse dunha certificación do secretario da confraría, co visto e prace do patrón maior, na que se fará constar que son certos os datos que figuran na liquidación.

* Curso: I básico formación administrativa funcionarios escala de confrarías (3 cursos).

1. Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo a formación do persoal da escala de confrarías de pescadores de Galicia, co fin de actualiza-lo seu nivel de coñecemento da lexislación máis recente que é de aplicación no seu traballo, así como a mellora de prestación dos seus servicios ó administrado. Así mesmo, e dado o carácter disperso e illado dos destinos dos funcionarios ós que vai destinada a acción formativa, é obxectivo dos cursos incrementa-los vínculos de colaboración entre eles.

2. Destinatarios.

Son destinatarios destes cursos os funcionarios da escala de confrarías de pescadores dos grupos A, B, C e D que desenvolvan labores administrativos e de atención ó público.

2.1. Criterios de selección.

Os cursos ofrécense á totalidade do colectivo existente. A inclusión nun grupo ou noutro virá determinada polo criterio xeográfico, en relación co destino de cada funcionario, con base na seguinte distribución dos 3 cursos que se convocan:

-Provincia de Pontevedra: agrupará os funcionarios destinados nas confrarías da mesma.

-Provincia da Coruña: agrupará os funcionarios destinados nas súas confrarías comprendidas entre Rianxo e Ferrol (ámbalas dúas inclusive).

-Provincia de Lugo. Agrupará os funcionarios destinados nas súas confrarías da mesma e os das confrarías de Cedeira, Cariño, Espasante e a do Barqueiro-Bares da provincia da Coruña.

A lista dos participantes en cada un dos cursos convocados será publicada pola EGAP no seu taboleiro de anuncios e pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos das súas delegacións territoriais e comarcais.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Lugares e datas:

-Santiago de Compostela: do 14 de setembro ó 30 de novembro

-Celeiro: do 14 de setembro ó 30 de novembro

-Vigo: do 14 de setembro ó 30 de novembro.

3.3. Horarios: sábados pola mañá de 9.45 a 14 horas.

3.4. Prazas: Santiago de Compostela: 40; Celeiro: 23; Vigo: 39.

3.5. Prazo de presentación de instancias: 15 días a partir da publicación desta resolución no DOG.

4. Contido básico:

Introducción ó procedemento administrativo.- As confrarías de pescadores. O persoal ó servicio da Administración. Especial referencia ó persoal da escala de confrarías. Normativa básica en materia de pesca, marisqueo e acuicultura.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiránselle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, San Caetano, nº 5-2º. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da consellería ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Gastos de locomoción.

Dado o carácter disperso dos destinos do persoal ó que vai dirixido o curso, aboaranse gastos de locomoción, a razón dun vehículo por confraría e día, con excepción de Malpica, Burela e Portonovo que poderán presentar solicitude de aboamento de gastos para dous vehículos. A liquidación dos gastos de desprazamento presentarase unha vez finalizado o curso e deberá acompañarse dunha certificación do secretario da confraría, co visto e prace do patrón maior, na que se farán constar que son certos os datos que figuran na liquidación.

* Curso: técnicas de extinción de incendios forestais (1 curso).

1. Obxectivos.

Actualiza-la formación das persoas que, a nivel comarcal, van te-la responsabilidade do dispositivo de combate do incendio forestal.

2. Destinatarios.

Técnicos dos servicios de defensa contra incendios forestais da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Os criterios selectivos que se terán en conta serán os que se fan públicos no apartado A) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8).

A selección efectuarase tendo en conta os méritos e a súa valoración, da forma que se indica nos puntos 2 e 3 do anexo II da Orde do 27 de decembro de 1995; de contratación laboral do SDCIF durante o ano 1996 (DOG nº 5 do 8-1). Terán dereito a puntuación máxima a categoría profesional á que estea destinado o curso, e consideraránse categorías análogas o resto.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes publicará as listas dos participantes no taboleiro da consellería e nos da Dirección Xeral de Montes e das delegacións provinciais.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25-30 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, do 21 ó 25 de outubro.

3.3. Horarios: de 9.30 a 14.30 horas.

3.4. Prazas: 35-40.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 11 de outubro.

4. Contido básico.

Comportamento do lume e equipos de extinción e seguridade persoal, técnicas de extinción, organización e coordinación.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse

á Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: adestramento no uso de vehículos contra incendios (8 cursos).

1. Obxectivos.

Adestra-los conductores fixos e eventuais no uso dos vehículos.

2. Destinatarios.

Conductores de vehículo motobomba do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Os criterios selectivos que se terán en conta serán os que se fan públicos no apartado A) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8).

A selección efectuarase tendo en conta os méritos e a súa valoración, da forma que se indica nos puntos 2 e 3 do anexo II da Orde do 27 de decembro de 1995; de contratación laboral do SDCIF durante o ano 1996 (DOG nº 5, do 8-1). Tendo dereito a puntuación máxima a categoría profesional á que estea destinado o curso, e considerándose categorías análogas o resto.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes publicará as listas dos participantes no taboleiro da consellería e nos da Dirección Xeral de Montes e das delegacións provinciais.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 5-6 horas.

3.2. Lugares e datas:

-A Coruña (2 cursos): outubro.

-Lugo (2 cursos): outubro.

-Ourense (2 cursos): outubro.

-Pontevedra (2 cursos): outubro.

3.3. Horarios: de 9 a 15 horas.

3.4. Prazas: 15-20.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 16 de setembro.

4. Contido básico.

O vehículo motobomba, equipo de impulsión. Perda de carga, organización do traballo dos vehículos contra incendios, aplicación da auga, a lanza, os apoios no tendido. Principais avarías e correcto mantemento do vehículo.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse ás delegacións provinciais da Consellería de Agri

cultura, Gandería e Montes. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da EGAP ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: seguridade persoal e primeiros auxilios na extinción dos incendios forestais (20 cursos).

1. Obxectivos.

Mellora-la autoprotección do persoal que desenvolve os labores de extinción.

2. Destinatarios.

Todo o persoal que participa en tarefas de extinción, dentro de marco do Plan INFOGA.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Persoas que traballan directamente na extinción, con preferencia para os que teñan persoal ó seu cargo (gardas, capataces e técnicos).

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes publicará as listas dos participantes no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 13 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense, Sergude (R.C.) Sta. Comba-Arzúa, Carballo-Betanzos, Noia, Ordes, Vilalba, Monforte de Lemos, Becerreá, Lourizán, Redondela, Vilagarcía, Lalín, Ponteareas, O Carballiño, Viana, Verín, ó longo do mes de outubro.

3.3. Horarios: de 9 a 15 horas.

3.4. Prazas: 20.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes: rematará o 16 de setembro.

4. Contido básico.

Precaucións para evita-los accidentes laborais, o equipo de protección individual, concepto de urxencia e emerxencia, botiquín básico, recursos sanitarios dispoñibles, demanda de atención médica, asepsia e desinfección, pequenas lesións, feridas e vendaxes, principais urxencias básicas, queimaduras, asfixia e intoxicación por gases, paciente traumatizado. Atención, inmobilización e traslado, reanimación cardiopulmonar básica.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse ás delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas

no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: mantemento de maquinaria agrícola (4 cursos).

1. Obxectivos.

Preparar tanto os encargados de taller coma os profesores de maquinaria, revisando aquela que se atope nas distintas escolas.

2. Destinatarios.

Encargados e profesores de maquinaria das escolas de capacitación.

Absteranse de solicitalo os participantes en edicións anteriores.

2.1. Criterios de selección.

Nº de horas de impartición ou colaboración no desenvolvemento dos cursos das diferentes escolas de capacitación agraria.

A EGAP publicará as listas dos participantes no taboleiro de anuncios da escola e nas escolas de Capacitación Agraria.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 32 horas.

3.2. Lugares e datas: Escolas de Capacitación Agraria de Guísamo, Sergude, Monforte de Lemos e Mabegondo, do 15 ó 30 de setembro.

3.3. Horarios: de 9 a 13 horas e de 16 a 19 horas.

3.4. Prazas: 20.

3.5. Prazo de presentación de instancias: rematará o 15 de agosto.

4. Contido básico.

-Maquinaria agrícola. Diversificación en función da actividade productiva.

-Modelos e tipos existentes no mercado, análise de emprego en función do tipo de investimento e a súa utilidade

-Principios mecánicos, funcionamento, mantemento e avarías máis frecuentes.

-Taller. Elementos mínimos. Análise de avarías .

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5603