Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.244

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 12 de xullo de 1996 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes fixado na Orde do 4 de marzo de 1996 pola que se regulan axudas e subvencións para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mullleres emprendedoras de Galicia (programa Emega).

No artigo 8 da Orde do 4 de marzo de 1996 pola que se regulan axudas e subvencións para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia (programa Emega), establecíase que o prazo para a pesentación de solicitudes finaliza o 31 de xullo.

Coa finalidade de dar maior difusión a dita orde co obxecto de conseguir unha maior afluencia de mulleres que poidan acollerse ós beneficios da dita orde, é preciso proceder á ampliación do prazo inicialmente establecido.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas, e para a súa debida aplicación nos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo único.-O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de outubro de 1996.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

5612