Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.239

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 30 de maio de 1996 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís para o curso 1996-1997.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude desenvolve, a través da Dirección Xeral de Xuventude, o programa de fomento da actividade xuvenil, para o que dispón dunha serie de instalacións, entre as que se atopan as residencias xuvenís.

Como é habitual, as citadas instalacións póñense á disposición dos xoves estudiantes durante o curso académico, ofrecéndolles aloxamento e manutención; desenvólvense nelas unha serie de actividades de con

vivencia e educativas, a través das que se intenta fomenta-los valores sociais, culturais e deportivos dos xoves residentes e de calquera outro que puidese beneficiarse do labor sociocultural nas actividades que se programan Por todo isto,.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convoca-la presente oferta de prazas para xoves estudiantes nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude para o curso académico 1996-1997, nos réximes de internado e media pensión.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias para cada un dos réximes son as seguintes:

a) Réxime de internado.

CidadeResidenciaPrazasV/H

LugoEijo Garay100V
LugoIrmáns Pedrosa80H
OurenseFlorentino L. Cuevillas60V/H
VigoAltamar60V/H

b) Réxime de media pensión.

CidadeResidenciaPrazas

LugoEijo Garay25
LugoIrmáns Pedrosa25
VigoAltamar50

Para os efectos do uso das instalacións, o curso académico 1996-1997 abranguerá desde o 1 de outubro de 1996 ó 30 de xuño de 1997.

Artigo 2º.-Solicitude.

2.1. A solicitude efectuarase utilizando o impreso que figura no anexo I.

2.2. Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación:

-Certificación académica na que figure a nota media das disciplinas correspondentes ó último curso. No caso de que fose COU, xuntarase certificación académica da selectividade.

-Fotocopia compulsada do DNI.

-Fotocopia compulsada da preinscrición na facultade ou escola universitaria correspondente para os alumnos de 1º ano.

-Fotocopia compulsada das follas do libro de familia na que figuren os membros da unidade familiar.

-Fotocopia compulsada da folla de liquidación do imposto sobre a renda das persoas físicas da unidade familiar, correspondente ó ano 1995. Cando os contribuíntes opten pola modalidade de declaración separada achegarase fotocopia compulsada de ámbalas dúas follas de liquidación.

No suposto de que a unidade familiar non estivera suxeita á obriga de declarar, presentarase unha declaración xurada sobre ese extremo, facendo constar ademais a renda anual da unidade familiar correspondente ó ano 1995.

-Se é bolseiro, fotocopia compulsada da documentación que acredite a dita condición.

-Calquera outro xustificante a ter en conta nos criterios de selección para a súa posterior valoración pola comisión cualificadora.

2.3. No caso de seren admitidos, terán tamén que presenta-los seguintes documentos:

-Cartilla da Seguridade Social, ou no seu defecto calquera outro documento de asistencia médica e de botica.

-Certificado de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e de vacinacións.

-Dúas fotografías tamaño carné.

-Xustificante bancario de pagamento de dúas mensualidades (outubro-1996 e xuño-1997).

-Fotocopia compulsada do resgardo de matrícula correspondente ós estudios que vai cursar ou, no caso dos alumnos de 3º ciclo, certificado do xefe do departamento universitario correspondente conforme o interesado está realizando o doutorado naquel.

2.4. As solicitudes, xunto coa restante documentación, poderán presentalas no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.5. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de agosto do presente ano.

Artigo 3º.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar ás prazas obxecto da presente convocatoria os mozos e mozas estudiantes que reúnan os seguintes requisitos:

-Que non supere os 30 anos de idade antes da data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

-Que na localidade onde se atopa a súa residencia familiar non haxa oferta pública do curso, nivel ou grao correspondente ós estudios a cursar polo alumno solicitante.

Artigo 4º.-Criterios de selección.

Cando o número de solicitudes para cada residencia supere a dispoñibilidade de prazas, estas serán asignadas por orde de preferencia segundo os criterios básicos preferentes de selección que a continuación se establecen:

a) Aqueles que xa foron residentes nos últimos cursos, e que o seu comportamento e rendemento académico os fagan merecentes.

A consideración deste dato queda condicionada á inexistencia de informe desfavorable do director da residencia xuvenil en relación co comportamento ou actividade desenvolvida polo interesado na residencia respectiva.

b) Cursar estudios universitarios.

c) Rendemento académico.

d) Renda da unidade familiar.

e) Situación de familia numerosa.

f) Condición de orfo.

g) Condición de bolseiro.

h) Que o cabeza de familia sexa inválido ou estea aqueixado de enfermidade permanente que o imposibilite para o traballo, e que a única fonte de ingresos sexa a pensión percibida pola dita invalidez, ou que estea en situación de paro, sen percepción do subsidio de desemprego.

i) Ser galego, te-la súa residencia familiar en Galicia, ou ser fillo de emigrantes.

Artigo 5º.-Comisión cualificadora.

A valoración das solicitudes para cada residencia efectuarase na delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia onde radica aquela, mediante unha comisión cualificadora creada para tales efectos e constituída polo delegado provincial, que actuará como presidente, o xefe do servicio de xuventude e o director da residencia xuvenil. Actuará como secretario un funcionario nomeado polo delegado provincial.

Artigo 6º.-Resolución da convocatoria.

Cada comisión cualificadora confeccionará un listado por orde de preferencia das solicitudes recibidas para a respectiva residencia e elevará proposta de resolución no prazo máximo de vinte días desde a data de remate do prazo de presentación de solicitudes ó director xeral de Xuventude, que será o que resolva.

Unha vez resolta a presente convocatoria para cada unha das residencias xuvenís, os respectivos servicios de xuventude das delegacións provinciais notificaranlles ós interesados a resolución de adxudicación. Así mesmo, as listas dos admitidos serán expostas nas residencias xuvenís, nas delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondentes, e na Dirección Xeral de Xuventude.

No caso de non dictar resolución expresa nun prazo de 3 meses desde a data de remate do prazo de presentación de solicitudes, deberá entenderse desestimada a petición correspondente.

Os admitidos terán que presenta-la documentación referida no artigo 2.3 no prazo de 10 días contados desde aquel en que reciban a comunicación de admisión, excepto a fotocopia compulsada do resgardo de matrícula ou o certificado do xefe do departamento

universitario correspondente, que poderán presentala ata o 31 de outubro de 1996. No caso de que o interesado non poida presenta-la fotocopia compulsada do resgardo de matrícula no referido prazo por causa imputable ó centro no que vaia a cursar os seus estudios, deberá comunicar esta circunstancia por escrito, presentando unha fotocopia compulsada da preinscrición na facultade ou escola universitaria correspondente, xunto coa fotocopia compulsada do resgardo de matrícula no momento en que a faga.

En caso contrario decaerán no seu dereito, procedéndose a cubri-la vacante conforme o listado confeccionado pola comisión cualificadora.

Artigo 7º.-Condicións económicas.

De acordo co estipulado na Orde do 2 de xaneiro de 1996, pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1996, as cotas a aboar por mes para cada unha das modalidades de residente serán:

-Residentes internos: 34.500 ptas.

-Medio pensionistas: 14.000 ptas.

A cota poderase aboar por trimestre ou por mes. Os pagamentos faranse nos cinco primeiros días de cada trimestre ou mes, segundo a modalidade de pagamento escollida, durante a duración do curso, desde o 1 de outubro de 1996 ó 30 de xuño de 1997, non haberá descontos por vacacións, permisos, etc.

Unha vez comunicada a admisión, farase unha entrega de dúas mensualidades en concepto de pagamento polo primeiro e o derradeiro mes do curso (outubro/96 e xuño/97). A renuncia voluntaria que se comunique despois do 15 de outubro dará lugar á perda da devandita cantidade entregada, e a que se comunique ata a dita data dará lugar a devolución da cantidade entregada excepto da parte proporcional a media mensualidade, neste caso deberá solicita-la devolución da cantidade correspondente no impreso que figura no anexo II.

Artigo 8º.-Servicios ofertados.

8.1. Ademais dos servicios de aloxamento e mantenza, no caso dos residentes internos, as residencias xuvenís ofrecen con carácter xeral os seguintes:

-Aula de estudio.

-Salas de xogos.

-T.V. e video.

-Biblioteca.

-Actividades culturais e deportivas.

-Información ós pais que o pidan sobre o comportamento do seu fillo/a.

8.2. Os servicios dos mediopensionistas comprenderán o xantar e a merenda, ademais dos citados no apartado anterior con carácter xeral.

8.3. A asistencia médica e de botica será por conta do residente, e deberá traer, o día da incorporación,

a fotocopia da cartilla da seguridade social ou calquera outra documentación do seguro médico do que sexa beneficiario (Muface, Sanitas, Adeslas, etc.). Con todo, en cada residencia haberá un local de primeiros auxilios.

8.4. Por descanso do persoal, os fins de semana e festivos non se prestarán servicios de comedor.

Artigo 9º.-Obrigas dos residentes.

Os residentes comprometeranse a respectar e cumpri-las normas de réxime interno da residencia xuvenil. O seu incumprimento será causa da perda da condición de residente, por resolución do delegado provincial, logo de informe do director da residencia.

Nos períodos vacacionais correspondentes ó Nadal e Semana Santa, os residentes deberán baleira-las habitacións se lles fose requerido pola dirección da residencia.

Os desperfectos ocasionados polo mal uso das instalacións, material pertenzas, serán de responsabilidade individual dos seus autores ou colectivamente de quen teña asignadas as dependencias concretas ó seu uso, e terán que aboa-lo seu custo.

Os adxudicatarios deberán incorporarse ás residencias xuvenís durante os cinco primeiros días do mes de outubro, salvo causa de forza maior debidamente acreditada. No seu defecto entenderase que renuncian á praza adxudicada, perderán os seus dereitos e procederase a cubri-la vacante conforme o disposto no artigo 6º desta orde.

O estado de saúde do residente deberá en todo momento permiti-lo normal desenvolvemento da vida residencial, en caso contrario e por prescrición facultativa deberán abandona-la residencia ata a súa recuperación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

5633