Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.232

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 292/1996, do 26 de xullo, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Co obxecto de acadar unha maior eficacia na acción da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais procede estructurar este departamento nas direccións xerais necesarias para o cum

primento das funcións que se lle encomendan, adaptándoas ás necesidades do momento presente.

Polo tanto, en virtude do disposto no artigo 4.15º da Lei 1/1993, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.

A) A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

3. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

4. Dirección Xeral de Interior.

B) Queda adscrito a esta consellería o seguinte organismo autónomo: Academia Galega de Seguridade.

Disposicións transitorias

Primeira.-Mediante orde do Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais determinarase a adscrición dos órganos dependentes dos centros directivos afectados, como consecuencia da estructura orgánica que se fixa no artigo único, ós centros directivos correspondentes mentres non se regule por decreto a nova estructura orgánica co nivel de dirección xeral.

Segunda.-Os órganos dependentes dos centros directivos que non fosen afectados manterán a súa estructura e funcións ata que se proceda ó desenvolvemento da estructura contida no presente decreto.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para que dicte as disposicións necesarias para a xestión dos créditos afectados pola nova estructura administrativa, sen que en ningún caso poida orixinarse incremento de gasto.

Segunda.-A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións orzamentarias necesarias para lle dar cumprimento ó disposto neste decreto.

Terceira.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5780