Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ACORDO do 9 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración dun vehículo autobomba, con destino ó servicio de bombeiros.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S96/87.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración dun vehículo autobomba.

b) Número de unidades para entregar:

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: non superior a 4 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 34.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 680.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas; no caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que deberán presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Enderezo: véxase punto 6 b.

3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración dun vehículo autobomba, con destino ó servicio de bombeiros».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de xullo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

9605628