Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de rehabilitación de firmes en diversas rúas da cidade.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: O96/31.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de rehabilitación de firmes en diversas rúas da cidade.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 24.822.165 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 496.443 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo G, subgrupos 4 e 6, categoría e.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas; no caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que deberán presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de rehabilitación de firmes en diversas rúas da cidade».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 8 de xullo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

9605624