Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 26 de xullo de 1996 Páx. 7.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1996 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (Aimen), con domicilio na Relva-Torneiros, s/n, 36410-O Porriño (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/ 1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990) e a orde do MOPU do 15 de febreiro (BOE do 27 de febreiro de 1990) e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE conforme establecen os artigos 12.g e 20.a do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), esta dirección xeral

RESOLVEU:

Cancelar, por cambio de domicilio, a inscrición no rexistro e a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a Aimen, con domicilio en c/ Torrecedeira, nº 86, 36208-Vigo (Pontevedra) e:

Concede-la acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a Aimen con domicilio na Relva-Torneiros, s/n, 36410-Porriño (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

-AP, Área de ensaios de laboratorio de perfís e barras de aceiros para estructuras co número 15021AP92.

-AS, Área de control in situ da execución da soldadura de elementos estructurais de aceiro, co número 15022AS92.

-HA, Área de Control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos, co número 15053HA96.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

9605625