Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 24 de xullo de 1996 Páx. 7.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na sesión celebrada o día 25 de xuño de 1996, adoptou o seguinte acordo, en réxime de competencia delegada polo artigo 2 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de comnpetencias en materia de urbanismo:

Aprobar, con carácter definitivo, un documento redactado polos servicios técnicos municipais polo que se introducen modificacións puntuais no Plan Xeral de Ordenación urbana nos seguintes aspectos:

a) Definición do concepto de semisoto e modificación puntual do punto 6.2.21 das ordenanzas do PXOU derivada da introducción deste concepto.

b) Modificación do punto 8 nas ordenanzas 2 e 3, introducindo unha posibilidade excepcional de situa-las edificacións a máis distancia da aliñación mediante a tramitación dun estudio de detalle.

c) Modificación do ámbito da U.A. 63 e cambio da súa cualificación.

d) Reaxuste dunha vía existente no PXOU e a súa conexión ó sistema xeral coa creación dunha nova vía a través dunha unidade de execución que se delimita como U.E.-1 da zona de Vilaboa.

e) Incorporación da vía, denominado r/ Eduardo Blanco Amor, en As Brañas.

f) Incorporación da vía denominado r/ Mosteiro de Sobrado, en Acea de Ma.

Seguidamente publícase o texto das modificacións introducidas na normativa do PXOU.

-Punto 6.2.21.

Engádese un apartado 7 co seguinte texto:

«7.-Excepcionalmente nas ordenanzas nas que se prevexa o uso de vivenda unifamiliar con configuracións do terreo nas que a vía á que se dá fronte a parcela que está por enriba da mesma e puidese

aparecer semisotos, permitirase a construcción destes coas seguintes condicións:

a) Non poderán exceder de 3 m na súa fachada posterior ou laterais, medidos desde a rasante do terreo en contacto coa edificación ata a parte superiro do forxado do teito do semisoto.

Neste suposto e para efectos da forma de medición de alturas establecidas nos puntos 1 e 2 deste artigo, non se considerará como planta a de semisoto, permitíndose supera-la altura máxima establecida en metros pola ordenanza correspondente en 3 m, neste caso non será de aplicación o disposto no número 3 deste artigo.

b) En ningún caso se permitirán remodelacións do terreo que supoñan a elevación da plataforma de asento da edificación, nin as tendentes a favorece-la aparición de semisoto.»

-Punto 10.2. Ordenanza nº 2. Residencial extensiva.

Engádese un novo parágrafo ó apartado 8 co seguinte texto:

«Excepcionalmente e mediante a tramitación dun estudio de detalle poderán situarse as edificacións a máis distancia da establecida no parágrafo anterior».

-Punto 10.3. Ordenanza nº 3. De asentamento disperso.

Engádese nun novo parágrafo ó apartado 8 co seguinte texto:

«Excepcionalmente e mediante a tramitación dun estudio de detalle poderán situarse as edificacións a máis distancia da establecida no parágrafo anterior.»

A eficacia e entrada en vigor das modificacións aprobadas producirase na forma establecida no artigo 8 d), parágrafo 2º da Lei 7/1995 anteriormente citada.

O acordo adoptado esgota a vía administrativa sendo directamente impugnable ante a xurisdicción contencioso-administrativa de conformidade coa súa lexislación reguladora.

Culleredo, 27 de xuño de 1996.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273