Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 24 de xullo de 1996 Páx. 7.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996 pola que se convoca concurso público para a contratación da subministración de equipos informáticos para a Escola Galega de Administración Pública.

1. Obxecto.

a) Descrición: subministración de equipos informáticos para a Escola Galega de Administración Pública.

b) Nº de unidades: as indicadas no prego de prescricións técnicas.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento de licitación.

2.300.000 ptas. IVE incluído.

4. Obtención da documentación.

O prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas poderá consultarse no Servicio Económico-Administrativo da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións.

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Presentación de ofertas.

A documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares presentarase en sobre pechado e lacrado no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela, ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura das proposicións.

En acto público que terá lugar na sala de xuntas da Escola Galega de Administración Pública, ás 12 horas do día 4 de setembro de 1996.

8. Gastos de anuncios.

Serán pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

5360