Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 24 de xullo de 1996 Páx. 7.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a contratación da subministración consistente na adquisición de equipamento para a realización dos traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante o ano 1996 (0601).

Por Resolución do 6 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-la subministración ás empresas:

Lote 1: traxes ignífugos (camisa e pantalón).

Confecciones Oroel, S.A., importe de adxudicación: 5.399.672 pesetas.

Lote 2: monos de algodón ignifugado.

Confecciones Oroel, S.A., importe de adxudicación: 11.997.800 pesetas.

Lote 3: botas de coiro hidrofugado.

Declarado deserto ó non cumprir ningunha das ofertas presentadas os requisitos esixidos no prego de prescricións técnicas.

Lote 4: cascos de protección.

Declarado deserto ó non cumprir ningunha das ofertas presentadas os requisitos esixidos no prego de prescricións técnicas.

Lote 5: guantes de traballo.

Gauzón Ibérica, S.L., importe de adxudicación: 2.535.000 pesetas.

Lote 6: máscaras antifume.

Declarado deserto ó non cumprir ningunha das ofertas presentadas os requisitos esixidos no prego de prescricións técnicas.

Lote 7: batelumes.

Iturri, S.A., importe de adxudicación: 2.280.000 pesetas.

Lote 8: gafas de protección.

Forove, S.A., importe de adxudicación: 1.279.248 pesetas.

Lote 9: cintos.

Iturri, S.A., importe de adxudicación: 850.000 de pesetas.

Lote 10: mangueiras para vehículos motobomba.

Incipresa, S.A., importe de adxudicación: 10.050.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

5306