Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 xuño de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Verín e A Veiga, con anexos: V-3030; XG-342, por substitución da concesión: V-3030, entre Verín e A Gudiña, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 24 de maio de 1996, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Sociedad de Transportes, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Verín e A Veiga, con anexos: V-3030; XG-342, por substitución da concesión: V-3030, entre Verín e A Gudiña, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Verín, Fumaces, A Trepa, San Cristovo, As Vendas da Barreira, O Navallo, San Lourenzo, Herosa, A Gudiña, Empalme de Bouza, O Castro, Xanxe,

Empalme de Pinza, Viana do Bolo, Mourisca, San Mamede, Covelo, Empalme de Covelo, Pradolongo e A Veiga.

-Verín, Caldeliñas, Vilamaior, Castrelo do Val, Pepín, Ribas, Gondulfes, Servoi, Fontefría, Campobecerros e Portocamba.

-Empalme de Bouza, Bouza, Pexeiros, Solbeira, Pinza e Empalme de Pinza.

-Vendas da Barreira, Riós, Marcelín, Progo e Vilardevós.

-Vendas da Barreira, Florderrei, Covelas, Castrelo de Abaixo, Mourisco, Veiga de Seixo, Seixo, Barxa, Pentes e Herosa.

-A Trepa, Mirós, Cortegada, Piornedo, Monteveloso e Mirós.

-Vilamaior e Tintores.

II. Expedicions.

-Verín-Viana do Bolo pola Gudiña e O Castro (60 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Verín-A Veiga pola Gudiña, O Castro e Viana do Bolo (83 km.).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-A Gudiña-A Veiga por Pexeiros e Viana do Bolo (43 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-A Gudiña-Viana do Bolo polo Castro (21 km).

Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

-A Gudiña-Viana do Bolo por Pexeiros (20 km).

Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

-Verín-Campobecerros por Caldeliñas, Tintores e Castrelo do Val (21 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-As Vendas da Barreira-Vilardevós por Riós e Progo (17 km).

Unha expedición de ida e volta luns e venres e os días 3, 11 e 23 de cada mes, que non coincidan cos anteriores.

-Vendas da Barreira-Pentes por Castrelo de Abaixo e Veiga Seixo (24 km).

Unha expedición de ida e volta os días 3, 11 e 23 de cada mes feira en Verín.

-Monteveloso-Verín por Piornedo e A Trepa (29 km).

Unha expedición de ida e volta os días 3, 11 e 23 de cada mes feira en Verín.

-Castrelo de Cima-As Ventas da Barreira (8,7 km).

Unha expedición de ida e volta os luns, xoves e sábados laborables.

-Campobecerros-Portocamba (2,5 km).

Unha expedición de ida e volta os días 3, 11 e 23 de cada mes feira en Verín en combinación co servicio Campobecerros-Verín.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,3323 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,9855 pesetas.

Exceso de equipaxes e encargos: 1,3998 pesetas.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

5242