Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 xuño de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ribadavia e Salón (Boborás), con anexos: V-0758; XG-051, por substitución da concesión V-0758; XG-051, de Ribadavia a Pazos de Arenteiro e Estación de Boborás, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 24 de maio de 1996, resolveulle outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autos González, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ribadavia e Salón (Boborás), con anexos: V-0758; XG-051, por substitución da concesión: V-0758; XG-051, de Ribadavia a Pazos de Arenteiro e Estación de Boborás, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Ribadavia, Val de Pereira, San Andrés, Esposende, Cuñas, San Clodio, Esperela, Leiro, Osebe, Pazos de Arenteiro e Salón.

-Leiro e Berán.

II. Expedicións.

-Ribadavia-Aalón (22,3 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborais.

-Berán-Leiro (3,3 km).

Unha de ida e volta de luns a venres laborais.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,7876 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,4727 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,468 pesetas.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

5116