Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 xuño de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Coruña e San Pedro de Présaras, con anexos: V-7037; XG-411, por substitución e unificación das concesións: V-1249; XG-074, entre A Coruña e Montouto, con anexos, e V-1263; XG-075, entre A Coruña e Pravío, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 9 de maio de 1996, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autos S. Vázquez, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Coruña e San Pedro de Présaras, con anexos: V-7037; XG-411, por substitución e unificación das concesións: V-1249; XG-074, entre A Coruña e Montouto, con anexos, e V-1263; XG-075, entre A Coruña e Pravío, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-A Coruña, A Ponte da Pasaxe, O Seixal, Catro Camiños, Orto, Crendes, Mabegondo, Couto, Cos, Cines, Salto, Oza dos Ríos, Empalme de Raia, Curtis, Illana, Nabeira, Carregosa, Santa Eulalia, San Vicente, Laxe, P. Vilariño e San Pedro de Présares.

-Catro Camiños e Pravío.

-Catro Camiños e A Mota.

-Mabegondo, Guiliade e Montellos.

-Mabegondo, Abegondo e Montouto.

-Cos, Meangos, Pereira, Presedo, Cerneda e Abegondo.

II. Expediciones.

-A Coruña-Montouto por Pravío (28 km).

Catro expedicións de ida e volta os días laborais.

Dúas expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

-A Coruña-Montouto pola Mota (30,6 km).

Catro expedicións de ida e tres de volta de luns a venres laborais.

Tres expedicións de ida e dúas de volta os sábados laborais.

Dúas expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

-A Coruña-Montouto por Pravío e A Mota (31,6 km).

Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

-A Coruña-Montellos (24,2 km).

Dúas expedicións de ida e volta os días laborais.

Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

-A Coruña-Cines-Oza dos Ríos (37,1 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborais.

Unha expedición de ida e volta os sábados laborais, domingos e festivos.

-A Coruña-San Pedro de Présaras (64,6 km).

Unha expedición diaria de ida e volta.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,2084 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,7830 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,2312 pesetas.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

5241