Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-188).

O Concello Pleno en sesión celebrada o día 26 de abril de 1996, acordou aprobar inicialmente a delimitación e fixación do sistema de compensación no ámbito da unidade de actuación nº 29 sita en Mera-Serantes, elimando deste o edificio denominado Nai-Pai.

Acordouse, así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computarán desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, e poderanse face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 19 de xuño de 1996.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

5133