Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía do 28 de xuño de 1996, convócanse probas selectivas para prover polo procedemento de concurso-oposición as prazas de funcionarios incluídas na oferta de emprego público deste concello, conforme as bases aprobadas polo Pleno do Concello de Val do Dubra, en sesión extraordinaria celebrada o día 26 de abril de 1996, e que a continuación se sinalan:

Bases xerais que regulan as convocatorias para a provision en propiedade das prazas de funcionarios incluídas na oferta de emprego publico de 1995.

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é a provisión en propiedade das prazas de funcionarios que figuran na oferta de emprego público deste concello para o exercicio 1995, a través dos procedementos de selección que para cada unha de elas se determinen nas convocatorias específicas correspondentes, de conformidade co preceptuado na Lei 30/1984, do 2 de agosto, Lei 7/1985, do 2 de abril, Real decreto

lexislativo 781/1986, do 18 de abril e demáis lexislación concordante.

2. Publicidade da convocatoria.

As bases da convocatoria aprobadas polo Pleno da Corporación serán publicadas integramente no BOP e no taboleiro de edictos do Concello de Val do Dubra. O extracto das bases será publicado no Diario Oficial de Galicia.

A convocatoria farase pública no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado.

Os actos posteriores faránse públicos no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

3. Condicións dos aspirantes.

a) Ser español (acreditaráse mediante fotocopia do DNI).

b) Ter cumpridos 18 anos na data en que remate o prazo de presentación de instancias, e non exceder daquela na que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa por idade determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

c) Estar en posesión do título esixido na convocatoria específica respectiva, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións. As persoas con minusvalidez deberán facélo constar na instancia, indicando se precisan adaptación nas probas.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

O cumprimento dos requisitos establecidos na norma anterior enténdese referido ó último día de prazo de presentación de solicitudes.

Será nulo o nomeamento, como funcionario da entidade local, de quen estea incurso nalgunha das causas de incapacidade específica, conforme a normativa vixente.

4. Solicitudes.

Quen desexe tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar na instancia, que será facilitada gratuitamente no concello. As instancias dirixiranse ó alcalde presidente do Concello de Val do Dubra, e presentaranse no rexistro xeral do mesmo, durante o prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Nas instancias farase constar necesariamente de forma expresa que o solicitante reúne tódos e cada un dos requi

sitos de capacidade esixidos para tomar parte nas probas selectivas.

Coa instancia presentarase inescusablemente:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Carta de pagamento ou xustificante do aboamento de abono do importe dos dereitos de exame que para cada caso se sinale na convocatoria específica correspondente na conta corrente da que é titular este concello na entidade bancaria Caixa Galicia, ou resgardo de xiro postal ou telegráfico do seu aboamento.

c) Documentos acreditativos, ou fotocopia compulsada deles, de todos e cada un dos méritos alegados que sexan puntuables, de acordo co baremo que se estableza, se é o caso, nas bases específicas.

Os dereitos de exame só lle serán devoltos ás que non fosen admitidos nas probas selectivas por non reuniren os requisitos esixidos.

5. Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución pola que se declara aprobada a lista de admitidos e excluídos, determinando, así mesmo, o lugar, a data e a hora de comezo dos exercicios e a composición do tribunal.

A mencionada resolución publicarase no BOP e exporase no taboleiro de edictos do concello, concedendo un prazo de dez días para reclamacións, que, de habelas, serán resoltas polo propio alcalde. A data de publicación no BOP será determinante dos prazos para efectos de posibles impugnacións e recursos.

6. Tribunais cualificadores.

Os tribunais das distintas probas selectivas designaranse de conformidade co sinalado no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos ós que deba axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, e a súa composición determinarase nas convocatorias específicas das prazas que se convoquen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou realizasen tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as ditas circunstancias.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presencia, alomenos, da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas nas que os estimen pertinente. Os ditos asesores,

con voz pero sen voto, limitaranse a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

Os tribunais que actúen nas probas selectivas terán a categoría correspondente de conformidade co establecido no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, e lexislación complementaria.

O tribunal poderá resolver tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda facer nos casos non previstos.

7. Comezo das probas selectivas e programas.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento; será excluído quen non compareza, salvo nos casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración de cada exercicio ó que non compareceran e de ser apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes, ata que non fora examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

A orde de actuación dos aspirantes iniciarase de conformidade coa resolución da Secretaría de Estado para a Administración pública.

Os aspirantes afectados por munusvalidez acreditarán, se é o caso, mediante dictame vinculante expedido polo equipo multiprofesional competente emitido con anterioridade ó inicio das probas selectivas, as condicións persoais de aptitude para o exercicio das funcións correspondentes á praza obxecto da convocatoria.

Unha vez comenzadas as probas selectivas, non será obrigatoria a publicación da celebración dos sucesivos exercicios no BOP, senón que será suficiente coa súa exposición no taboleiro de edictos do concello.

Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, cando o tribunal o estime conveniente, e previa consulta cos aspirantes que resulten aprobados no exercicio correspondente, poderá acorda-la celebración inmediata do seguinte, concedéndolles ós opositores un descanso mínimo de 30 minutos antes da súa celebración.

Nas convocatorias específicas que completen a presente unitaria concretarase o contido de cada proba, forma de desenvolvemento, sistema de cualificación dos exercios e programas respectivos.

Os exercicios poderán ser lidos publicamente se así o acorda o tribunal.

Os programas determinaranse nas correspondentes convocatorias específicas, axustándose ó establecido no artigo 8 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, así como á Lei 8/1992, do 24 de xuño, da Xunta de Galicia, sobre a obrigatoriedade do idioma galego.

8. Desenvolvemento e cualificación dos exercicios.

Comezada a práctica dos exercicios, os tribunais poderán requirir en calquera momento ós con

correntes respectivos para que acrediten a súa identidade mediante a exhibición do seu DNI ou documento equivalente.

Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, será excluído dela logo de audiencia do interesado. O tribunal, cando exclúa un aspirante, comunicarallo o mesmo día á autoridade que convocara o proceso selectivo.

Nas probas selectivas que se realicen polo sistema de concurso-oposición, a fase de concurso, que será previa á da oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición. O tribunal non poderá valora-lo non alegado e probado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presenta-la solicitude para admisión ás probas selectivas sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para a reparación de falta de alegación ou de proba de méritos.

Cada membro do tribunal, ó final de cada un dos exercicios, poderá facerlle ó aspirante dúas preguntas relacionadas coas materias sobre as que versen aqueles nun período máximo de 10 minutos.

A cualificación de cada exercicio efectuarase sumando as puntacións outorgadas por cada membro do tribunal, cos límites que establezan as bases específicas, e dividindo o total polo número de membros.

A cualificación dos aspirantes aprobados en cada exercicio farase pública no taboleiro de anuncios da corporación.

A relación de aprobados ó final das probas selectivas, que non poderá supera-lo número de prazas que se van cubrir, confeccionarase cos opositores que, superados tódolos exercicios obrigatorios, obteñan maior puntuación na suma dos puntos correspondentes a tódolos exercicios da oposición mailos obtidos na fase de concurso.

9. Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Finalizadas as probas, o tribunal exporá no taboleiro de anuncios do concello a relación de aprobados por orde de puntuación final, con especificación desta cando sexan varios, non podendo superar estes o número de prazas convocadas, e elevará a dita relación, xunto coa acta da última sesión, á alcaldía-presidencia da corporación, para efectos do seu nomeamento. Calquera proposta que contraveña o anterior será nula de pleno dereito.

No prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte a aquel en que se fixeron públicas as listas, os opositores aprobados deberán presentar na secretaría do concello os seguintes documentos:

a) Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil correspondente.

b) Fotocopia compulsada do título académico esixido na respectiva base específica ou, no seu defecto, xustificante de ter aboados os dereitos para a súa expedición.

c) Declaración xurada de non atoparse separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade, de conformidade coa lexislación vixente e referida ó momento da súa toma de posesión.

e) Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da súa función.

Os aspirantes que fixeran vale-la súa condición de persoas con minusvalidez deberán presentar certificado emitido polos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición, e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade por desempeño de tarefas e funcións correspondentes.

Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentá-los documentos expresados poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria, mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

Os que tiveran a condición de funcionarios de carreira estarán exentos de xustificar documentalmente condicións e demáis requisitos xa probados para obteren o seu anterior nomeamento, que concorden cos da convocatoria correspondente, debendo presentar certificación da Administración pública de quen dependan para acreditar tal condición.

Os que dentro do prazo indicado, e salvo causa de forza maior, non presentaran a documentación, non poderá ser nomeados, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puideran ter incorrido por falsidade da súa solicitude.

Cumpridos os requisitos precedentes, o presidente da corporación efectuará o nomeamento de aspirantes propostos, que tomarán posesión no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte a aquel no que lle sexa notificado, quedando na situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixera dentro do prazo sinalado.

Os aspirantes que obteñan o correspondente nomeamento estarán obrigados a presta-la súa xornada de traballo na medida e forma establecida no servicio ó que sexan adscritos.

10. Norma derradeira.

A presente convocatoria, e cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados

polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAP e do PAC.

Convocatoria especifica nº 1/1994, para a provisión en propiedade dunha praza de técnico de xestión económico-financeira, contable con funcións de informática, incluída na oferta de emprego público de 1995.

1. Obxecto da convocatoria:

A provisión en propiedade dunha praza de técnico de xestión económico-financeira, contable con funcións de informática, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica media, pertencente ó grupo B, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 30/1984.

2. Sistema de selección.

Concurso-oposición libre.

3. Titulación esixida.

Diplomado universitario ou equivalente.

4. Dereitos de exame.

3.500 pesetas.

5. Tribunal cualificador.

Estará integrado da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Comunidade Autónoma.

Un funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional designado pola alcaldía.

Un funcionario do grupo B ou superior, pertencente á Administración local, designado pola alcaldía.

-Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

6. Probas selectivas e sistemas de cualificación dos exercicios.

As probas selectivas constarán de dúas fases:

a) Concurso.

b) Oposición libre.

A) Fase de concurso:

Será previa á da oposición e non eliminatoria. A cualificación desta fase deberá estar concluída antes da celebración da fase de oposición, facéndose público o seu resultado no taboleiro de anuncios da casa do concello. Para a acreditación de méritos unicamente se admitirán documento orixinais ou fotocopias debidamente compulsadas. Non serán obxecto de valoración aqueles méritos que non estean debidamente xustificados dentro do prazo de presentación de instancias. O tribunal cualifi

cará os méritos na forma que se indica a continuación:

A.1) Titulos academicos superiores ó esixido para acceder á praza:

Titulado superior: 1 punto.

A.2) Servicios prestados como contratado en servicios similares ás tarefas propias do posto:

-Por cada mes de traballo nesta corporacion: 0,2 puntos (máximo 4 puntos).

-Por cada mes de traballo noutra Administracion publica ou na empresa privada desenvolvendo labores para a Administracion local: 0,1 puntos (máximo 2 puntos).

-Por cada mes de traballo na empresa privada por traballos de índole contable e/ou informática: 0,05 puntos (máximo 0,5 punto).

Este apartado xustificarase por contratos, tcs (ou certificado de traballo expedido pola Seguridade Social) e certificación emitida pola Administración ou empresa na que prestou os servicios.

A.3) Cursos de formación en lingua galega.

-Iniciacion: 0,5.

-Perfeccionamiento: 1.

A puntuación obtida polo de grao superior excluirá o anterior.

A.4) Cursos relacionados coas tarefas que se van desenvolver:

A.4.1. Cursos de xestión orzamentaria e contable para entes locais, convocados por organismos oficiais:

-De menos de 40 horas: 0,25 puntos por curso.

-De mais de 40 horas: 0,75 puntos por curso.

Este apartado valorarase cun máximo de 1,5 puntos.

A.4.2.Cursos en materia de contabilidade orzamentaria e partida dobre, adaptados ó Plan Xeral de Contabilidade Pública e normativa actual de contabilidade orzamentaria local, recadacion, rendas, secretaría, padrón, nóminas:

-De máis de 100 horas e menos de 200 horas: 1 punto.

-De máis de 200 horas e menos de 300 horas: 2 puntos.

-De máis de 400 horas: 3 puntos.

Este apartado valorarase cun máximo de 3 puntos.

A.4.3.Cursos de formación en procesos informáticos:

-Que acrediten coñecemento do sistema operativo UNIX: 0,5 punto.

-Que acrediten coñecemento do sistemas operativo MS DOS, tratamento de textos, contabilidade, nóminas e bases de datos: 0,2 puntos.

-Outros cursos de formación en procesos informáticos: 0,02 puntos por curso, ata un máximo de 0,3 puntos.

Este apartado valorarase cun máximo de 1 punto.

Os méritos alegados no apartado A.4) xustificaránse co diploma ou certificado da entidade ou empresa que os impartiu.

B) Fase de oposición:

Constará dos seguintes exercicios:

B.1) De carácter obrigatorio, consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de dúas horas, un cuestionario tipo test de 50 preguntas relacionadas coas materias comúns comprendidas no programa.

B.2) De carácter obrigatorio para tódolos aspirantes, consistirá en desenvolver, por escrito, durante o período máximo de dous horas, un tema de materias específicas, a elixir entre dous que serán determinados polo tribunal e relacionados coas materias comprendidas no programa de materias específicas desta convocatoria.

B.3) Igualmente de carácter obrigatorio, consistirá en desenvolver, durante un período máximo dunha hora, un suposto práctico que formulará o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativo a tarefas administrativas, utilizando para iso o equipo informático e programas do concello.

B.4) De carácter obrigatorio, aínda que non eliminatorio, consistente na traducción dun texto do castelán para o galego, sen axuda de diccionario.

Cada un dos exercicios obrigatorios serán eliminatorios, a excepción do cuarto, e valoraranse ata un máximo de 10 puntos, sendo eliminados os participantes que non acaden o mínimo de 5 puntos en cada uno de ellos. O cuarto exercicio cualificarase cun máximo de 5 puntos e a súa puntuación sumarase á obtida nas restantes probas, co obxecto de obte-la cualificación final.

A puntuación obtida na fase de oposición sumarase á obtida na fase de concurso co obxecto de obte-la cualificación final.

Programa da convocatoria

I. Materias comúns.

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

3. A organización terriotrial do Estado. Os estautos de autonomía. A Comunidade Autónoma de Galicia e o seu Estatuto de autonomía.

4. O goberno e a Administración do Estado.

5. O réxime local español. Principios constitucionais da Administración local en España e regulación xurídica.

6. O municipio. O termo municipal. A poboación municipal. O empadroamento.

7. Organización municipal. Competencias.

8. Facendas locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

9. O acto administrativo. Concepto e elementos.

10. Principios xerais de procedemento administrativo.

11. Fases do procedemento administrativo xeral.

12. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Réxime disciplinario.

II. Materias específicas.

1. Réxime de sesións e acordos das corporacións locais. Normas reguladoras. As sesións: clases e formas.

2. Informes do secretario e do interventor. Actas e certificacións. As resolucións do presidente da corporación.

3. Impugnación dos actos locais por parte da Administración do Estado e as CC.AA. Ejecutividade dos actos administrativos locais. O procedemento executivo local.

4. A revisión dos actos administrativos locais. A revisión de oficio. Recursos administrativos e xurisdiccionais contra actos das CC.LL.

5. A contratación local: principios xerais e peculiaridades do réxime local.

6. Obras municipais. Clasificación. Execución do proxecto. Responsabilidade derivada.

7. O patrimonio das EE.LL. Clasificación dos bens. O dominio público local. Bens patrimoniais das EE.LL. O inventario. Bens comunais.

8. Intervención dos EE.LL. na actividade privada. Principios e límites.

9. Réxime xurídico das licencias.

10. A Lei xeral orzamentaria.

11. Principios inspiradores da Lei xeral tributaria.

12. A Lei reguladora das fancendas locais.

13. O sistema tributario local: estructura e características. Recursos das facendas locais.

14. Taxas, contribucións especiais e impostos.

15. As subvencións e transferencias do Goberno central á Facenda local.

16. O orzamento das EE.LL. Concepto. Formación e aprobación.

17. Estructura orzamentaria. Principio de anualidade orzamentaria.

18. A contabilidade. As contas. Contas de activo e contas de pasivo. Esquema do ciclo contable.

19. A contabilidade pública. A reforma da contabilidade pública. Instrucción de contabilidade

para a Administración local. Principios xerais. Ambito de aplicación e fins. Principais modificacións do Plan do 95.

20. Libros de contabilidade: normas xerais. Libros de contabilidade principal e auxiliares. Documentos contables.

21. Operacións contables: apertura da contabilidade. Apertura do orzamento de gastos e do orzamento de ingresos. Prórroga do orzamento.

22. Xestión do orzamento de gastos. Ordenación do gasto.

23. Pagos: concepto e clasificación. Pagos por obrigas orzamentarias. Pagos en firme e a xustificar. Xustificación de libramentos. Anticipos de caixa fixa.

24. Modificacións orzamentarias. Clases. Tramitación e aprobación.

25. Xestión do orzamento de ingresos. Moficacións ó orzamento de ingresos.

26. Ingresos pendentes de aplicación.

27. Operacións non orzamentarias de tesourería.

28. O imposto sobre o valor engadido nas EE.LL.

29. Xestión do crédito, da deuda e a tesourería das CC.LL.

30. Seguemento de: proxectos de gastos, remanentes de créditos, gastos con financiamento afectado.

31. Gastos plurianuais. Agrupacións de exercicios posteriores.

32. Agrupacións de orzamentos cerrados: ingresos e gastos.

33. Contabilización do inmobilizado.

34. Cálculo do remanente de tesourería e resultado orzamentario.

35. Operacións de peche do exercicio.

36. A liquidación. Formación e tramitación.

37. A conta xeral. Formación e tramitación.

38. Análisis dos estados e contas anuais.

39. Fiscalización interna da Administración local.

40. Fiscalización externa da Administración local.

41. Lei orgánica 5/1992. Dereito ó honor e á intimidade. Axencia de protección de datos e inscripción das EE.LL. nela.

42. Información e ordenador electrónico. Antecedentes. Xeracións. Hardware.

43. Unidades periféricas dun ordenador.

44. O software. Linguaxes de programación. Sistemas operativos.

45. Almacenamento de datos. Rexistros. Ficheiros. Organización de arquivos. Métodos de acceso. Interpretación de erros.

46. Programas de utilidades. Tratamentos de textos. Bases de datos.Follas de cálculo.

47. Programa de xestión informatizada para a Administración local. Interconexión entre áreas.

48. Administrador do sistema operativo UNIX. O contorno Windows.

Convocatoria específica nº 2/1994, para a provisión en propiedade dunha praza de asistente social con funcións de animador socio-cultural, incluída na oferta de emprego publico de 1995

1. Obxecto da convocatoria:

A provisión en propiedade dunha praza de asistente social, con funcións de animación socio-cultural, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica media, pertencente ó grupo B, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 30/1984.

2. Sistema de selección.

Concurso-oposición libre.

3. Titulación esixida.

Diplomado universitario en traballo social ou asistencia social.

4. Dereitos de exame.

3.500 pesetas.

5. Tribunal cualificador.

Estará integrado da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Comunidade Autónoma.

Un funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional designado pola alcaldía.

Un funcionario do grupo B ou superior, relacionado cos servicios sociais, designado pola alcaldía.

-Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

6. Probas selectivas e sistemas de cualificación dos exercicios.

As probas selectivas constarán de dúas fases:

a) Concurso.

b) Oposición libre.

A) Fase de concurso:

Será previa á da oposición e non eliminatoria. A cualificación desta fase deberá estar concluída antes da celebración da fase de oposición, facéndose público o seu resultado no taboleiro de anuncios da casa do concello. Para a acreditación de méritos únicamente se admitirán documentos orixinais ou fotocopias debidamente compulsadas. Non serán obxeto de valoración aqueles méritos que non estean

debidamente xustificados dentro do prazo de presentación de instancias. O tribunal cualificará os méritos na forma que se indica a continuación:

A.1) Servicios prestados como contratado en servicios sociais.

-Por cada seis meses de traballo como contratato por esta corporación: 0,5 puntos (máximo 4 puntos).

-Por cada seis meses de traballos prestados noutra Administración pública ou en entidades/organizacións benéfico-asistenciais: 0,25 puntos (máximo 2 puntos).

Este apartado xustificarase por contratos, tcs (ou certificado de traballo expedido pola Seguridade Social) e certificación emitida pola Administración ou empresa na que prestou os servicios.

A.2) Cursos de galego.

-Iniciacion: 0,5 puntos.

-Perfeccionamento: 1 punto.

(non acumulables).

A.3) Outros méritos:

Curso de animador socio-cultural de duración igual ou superior a 200 horas: 2 puntos.

-Cursos de formación, xornadas ou seminarios de duración igual ou superior a 20 horas: 0,2 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.

-Elaboración de informes, memorias, estudios, investigacións ou proxectos: 0,2 puntos cada un deles ata un máximo de 1 punto.

II. Fase de oposición.

B.1) De carácter obrigatorio, consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de dúas horas, un cuestionario tipo test de 50 preguntas relacionadas coas materias comúns incluidas no programa.

B.2) De carácter obrigatorio para tódolos aspirantes, consistirá en desenvolver, por escrito, durante o período máximo de dúas horas, un tema de materias esepcíficas, a elixir entre dous que serán determinados polo tribunal e relacionado coas materias comprendidas no programa de materias específicas desta convocatoria.

B.3) Igualmente de carácter obrigatorio, consistirá en redactar durante o prazo máximo de dúas horas un informe sobre un tema relacionado coas materias específicas da convocatoria.

B.4) De carácter obrigatorio, aínda que non eliminatorio, consistente na traducción dun texto do castelán para o galego, sen axuda de diccionario.

Cada un dos exercicios obrigatorios serán eliminatorios, a excepción do cuarto, e valoraranse ata un máximo de 10 puntos, sendo eliminados os participantes que non acaden o mínimo de 5 puntos en cada un deles. O cuarto exercicio cualificarase cun máximo de 5 puntos e a súa puntuación suma

ráse á obtida nas restantes probas, co obxecto de obte-la cualificación final.

A puntuación obtida na fase de oposición sumarase á obtida na fase de concurso co obxecto de obte-la cualificación final.

I. Materias comúns.

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

3. A organización terriotrial do Estado. Os rstautos de autonomía. A Comunidade autónoma de Galicia e o seu Estatuto de autonomía.

4. O goberno e a Administración do Estado.

5. O réxime local español. Principios constitucionais da Administración local en España e regulación xurídica.

6. O municipio. O termo municipal. A poboación municipal. O empadroamento.

7. Organización municipal. Competencias.

8. Facendas locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

9. O acto administrativo. Concepto e elementos.

10. Principios xerais do procedemento administrativo.

11. Fases do procedemento administrativo xeral.

12. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Réxime disciplinario.

II. Materias específicas.

1. A acción social. Concepto. Niveis.

2. As necesidades sociais.

3. Evolución histórica dos servicios sociais.

4. Os servicios sociais dentro da política social.

5. Servicios sociais comunitarios, de base ou de atención primaria. Concepto e características.

6. Servicios sociais especializados. Definición e tipoloxía.

7. Servicio de axuda a domicilio. Definición, usuarios e tarefas. Coordinación e posta en funcionamento.

8. Desenvolvemento comunitario. Definición, axentes e funcións.

9. Animación socio-cultural. Definición. Funcións

10. Traballo social en comunidade. Funcións e condicións do traballador social de comunidade.

11. Método básico de traballo social. Definición e etapas.

12. Historia, fundamentos e obxectivos do plan concertado para as prestaciones básicas dos servicios sociais comunitarios en corporacións locais.

13. Ofertas prestacionais do plan concertado.

14. Pensións non contributivas da Seguridade Social. Normativa vixente. Obxectivos, tipos e requisitos.

15. Axudas para situación de emerxencia social da Lei galega de medidas básicas para a inserción social. Beneficios e contías.

16. Tramitación das axudas de emerxencia social da Lei galega de medidas básicas para a inserción social.

17. Renda de integración social de Galicia. Definición, requisitos, beneficiarios e prestacións económicas.

18. Proxecto de inserción da renda de integración social de Galicia. Concepto, requisitos e contía do proxecto.

19. Accións a desenvolver nun proxecto de inserción da renda de integración social de Galicia.

20. Programa de acollemento familiar para persoas maiores e minusválidos. Obxeto e finalidade. Beneficiarios e requisitos.

21. Cobertura de asistencia sanitaria ás persoas sen recursos económicos suficientes do Sergas. Requisitos.

22. Prestación por fillo a cargo na modalidade non contributiva. Qué se entiende por fillos a cargo.Obxecto e finalidade das prestacións.

23. Contías e beneficiarios das prestacións por fillo a cargo na modalidade non contributiva da Seguridade Social.

24. Axudas periódicas a familias para a integración do menor. Obxecto e finalidade. Contías e requisitos.

25. Concepto e aspectos sociais do drogodependente.

26. Minusválidos físicos, síquicos e sensoriais. Prestacións residuais da Lei de integración social do minusválido.

27. Programas de turismo social para persoas maiores. Beneficiarios do programa. Actividades complementarias.

28. A entrevista. Definición, tipos, vantaxes e dificultades.

29. Traballo de grupos. Definición. Roles do traballador social no traballo de grupos.

30. O F.A.S.: ancianidade e enfermidade.Utilización actual.

31. Pautas para a elaboración dun proxecto.

32. O voluntariado social. Concepto. Nivel de atención primaria. Areas de atención.

33. O rol social da muller e a súa incidencia na formación ocupacional e emprego.

34. Residencias e centros da terceira idade. Tipología e descrición.

35. Axudas individuais non periódicas institucionais.

36. Servicios sociais especializados para a terceira idade. Tipoloxía e descrición.

37. Mecanismos de cooperación entre as administracións asinantes do plan concertado.

38. A prestación social substitutoria para obxectores de conciencia ó servicio militar obrigatorio. Sectores de actuación.

39. A planificación. Concepto e niveis operacionais.

40. A muller. Problemática social e laboral.

41. Ancianidade. Aspectos sociais da vellez.

42. Título de familia numerosa. Beneficiarios e requisitos.

43. Mundo rural e desenvolvemento comunitario.

44. Técnicas de traballo social. Concepto e clases.

45. Menores. Qué é o acollemento familiar. Tipos de acollemento familiar.

46. Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Definición e principais funcións.

47. Problemática social do paro.

48. Os malos tratos na infancia: definición, tipoloxía e factores de risco.

Val do Dubra, 1 de xullo de 1996.

Marcial Fosado Pumar

Alcalde en funcións

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273