Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

BASES xerais para a cobertura das prazas vacantes incluídas no cadro de persoal do exercicio de 1996.

Primeiro.

É obxecto da convocatoria a cobertura das prazas vacantes incluídas no cadro de persoal do exercicio de 1996 aprobada polo Concello de Gondomar que non estea previsto cubrir polo procedemento de promoción interna que son as seguintes:

-Unha praza de auxiliar administrativo correspondente á escala da Administración xeral, subescala administrativa, categoría auxiliar do grupo D, vacantes no cadro de persoal de funcionarios.

-Dúas prazas de garda da policía local, correspondente á escala da Administración especial, servicios especiais, do grupo D, vacante no cadro de persoal de funcionarios.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

1. Seren españois, maiores de edade, sen exceder de 30 anos para o caso da praza de garda da policía local e de cincuenta e cinco no caso da praza de auxiliar administrativo en ámbolos dous casos, na data en que remate o prazo para a presentación de instancias.

2. Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento da función.

3. Estar en posesión da titulación e requisitos que para cada posto de esixe e que figura nas respectivas bases particulares.

4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

5. Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.

Terceira.-Instancias.

As instancias polas que se solicita tomar parte nos correspondentes procesos selectivos presentaranse no rexistro xeral do concello, debidamente integradas, no prazo de vinte días naturais a partir

da aparición do anuncio da convocatoria no BOE, podendo tamén presentarse do xeito previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Nas súas instancias os interesados manifestarán que reunen todos e cada un dos requisitos exisidos na base segunda da convocatoria, debendo xunta-lo xustificante do ingreso dos dereitos de exame que se fixan en 2.500 ptas.

Xunto coas instancias, os aspirantes deberán presenta-la documentación acreditativa dos méritos que aleguen para optar á puntuación na fase de concurso, se é o caso.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias o alcalde aprobará a lista de admitidos, notificando ós excluídos a causa da sua exclusión co obxecto de que poidan reclamar contra ela no prazo de dez días.

Quinta.-Tribunais cualificadores.

Estarán integrados do seguinte xeito:

-Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

-Secretaria: a do concello ou funcionario en quen delegue.

-Vocais: un representante da Xunta de Galicia, nomeado por ela. Un funcionario de carreira da corporación designado polo alcalde. Un representante dos delegados de persoal do concello, con voz e sen voto. Os tribunais comporánse tamén cos vocais que, se é o caso, figuren nas bases particulares de cada posto.

Tódolos vocais deberán posuí-la titulación ou especialización igual ou superior á exisida para o acceso ás prazas convocadas e poderán ser recusados do xeito previsto no artigo 29 da Lei 30/1992 debendo absterse de actuar nos supostos comprendidos no artigo 28 do mesmo texto legal.

Nomearanse suplentes para cada membro do tribunal. O seu nomeamento farase público no taboleiro de anuncios do concello xunto coa relación de excluídos. Os tribunais non poderán constituírse nin actuar sen a asistencia de alomenos a metade máis un dos seus membros.

Sexta.-Procedemento selectivo. Concurso-oposición.

A fase de concurso será previa á de opsoción e a puntuación máxima a obter por este apartado é de cinco puntos. Nesta fase avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo con base no convenio do persoal vixente:

I. Por cada mes traballado ó servicio do Concello de Gondomar, en funcións relacionadas co posto a desenvolver: 0,20 puntos ata un máximo de 2 puntos. Acreditarase cun currículum e certificación dos servicios prestados.

II. Por participación en cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública,

Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro organismo competente para imparti-los relacionados coa praza á que aspira: 0,25 puntos por cada curso ata un máximo de 1 punto. Contabilizaranse neste apartado os cursos de galego.

III. Por titulacións ou estudos que teñan relación coas funcióna que van desenvolver: por cada título ou certificado de estudios expedido polo Ministerio de Educación, excluíndo o necesario para o acceso á praza e os que foran alegados como mérito noutros apartados: 1 punto, ata un máximo de 2 puntos.

Os apartados II e III acreditaranse con copia compulsada dos títulos ou certificacións orixinais.

Sétima.-Cualificación dos exercicios.

Serán os que en cada caso figuren nas bases específicas.

Octava.-Cualificación final.

Será a que resulte da suma das puntuacións acadadas en tódolos exercicios mailas obtidas, se é o caso, na fase de concurso. Os respectivos tribunais proporán para o seu nomeamento ós aspirantes que acaden a mellor puntuación sen que poidan propor a mais aspirantes que o número de postos convocados.

Novena.-Presentación de documentos e noemamento.

Os aspirantes propostos presentarán na secretaría do concello dentro do prazo de vinte días naturais a partir de que sexa publicado no taboleiro de anuncios a proposta de nomeamento os documentos acreditativos de que reúnen os requisitos exisidos na base segunda da convocatoria. Se dentro do prazo indicado e, salvo circunstancias de forza maior, o aspirante proposto non presentara a documentación ou se comprobara que non reúne os devanditos requisitos, non poderá ser nomeado e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidera ter incorrido por falsidade na instancia de solicitude.

Nese caso, o tribunal poderá formular nova proposta de nomeamento a favor do aspirante que, tendo superado a totalidade do proceso selectivo, lle siga na orde de puntuación. Os nomeados deberán tomar posesión do seu cargo no prazo de 30 días naturais contado a partir de que lle sexa notificado o nomeamento.

Décima.-Incidencias.

Os tribunais quedan facultados para resolve-las dúbidas que se presenten e adopta-las decisións precisas para o normal desenvolvemento dos procesos selectivos ó abeiro da lexislación en cada caso aplicable.

Gondomar, xuño de 1996.

O alcalde

Rubricado

Bases particulares praza de auxiliar administrativo.

1. Titulación esixida: graduado escolar ou equivalente.

2. Tribunal cualificador: integrarano ademais dos vocais establecidos nas bases xerais, a interventora do concello.

3. Exercicios da fase de oposición:

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios eliminatorios:

a) Exercicio 1. Consistirá nunha copia á máquina manual, durante dez minutos, dun texto que facilitará o tribunal a unha velociade mínima de 250 pulsacións por minuto, con máquina manual. Cualificarase a velocidade, a limpeza e exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito.

b) Exercicio 2. Consistirá en constestar por escrito a un cuestionario tipo test de 50 preguntas, con respostas alternativas sobre o contido do programa establecido no anexo, durante o prazo máximo dunha hora.

c) Exercicio 3. Consisitirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo dunha hora, un tema sinalado polo tribunal e relacionado con algunha ou algunhas das materias a que se refire o progrma establecido no anexo aínda que non se ateña a un epígrafe concreto del. Valoraranse os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral, a composición gramatical e a claridade de exposición. Este exercicio será lido polos aspirantes diante do tribunal, podendo este realizar aquelas preguntas que relacionadas co programa coide convenientes.

d) Exercicio 4. Obrigatorio non eliminatorio. Constará de dúas probas:

1ª. Proba de coñecemento do galego que consistirá na traducción dun texto, proposto polo tribunal, do castelán para o galego, durante un tempo máximo de trinta minutos.

2ª. Proba práctica de manexo dun ordenador persoal, procesardor de texto ou base de datos.

4. Cualificación dos exercicios.

Os exercicios 1, 2 e 3 cualificaranse de 0 a 10 puntos quedando eliminados os que non acadaran un mínimo de 5 puntos en cada un deles. O exercicio d) cualificarase do 0 a 25 puntos cada unha das probas que o compón.

5. Cualificación final.

A suma das puntuacións acadadas no conxunto dos catro exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis dun aspirante.

Programa anexo exercicios auxiliar administrativo.

1. A Constituición como norma fundamental do Estado. A Constitución de 1978. Principios básicos e estructura.

2. A Constitución. Título preliminar. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A organización do Estado na Constitución.

3. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. O poder xudicial.

4. A Administración do Estado. Carecterización xeral. O Goberno. A Administración periférica do Estado. O delegado do Goberno nas comunidades autónomas.

5. Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da comunidade. As competencias da Comunidade Autónoma. O parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Autonómica.

6. O Réxime local español. As entidades que configuran a Administración local española. A súa autonomía de acordo coa Constitución.

7. O municipio. Concepto e elementos. O termo municipal. A poboación. Órganos de goberno do concello e o seu funcionamento.

8. Principios xerais de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro). Iniciación, ordenación, instrucción e remate dos procedementos. Comunicacións e notificacións. Referencia ós recursos administrativos.

9. Réxime dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Desenvolvemento das sesións. Actas e certificacións de acordos.

10. O rexistro de documentos: concepto. A presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas. Información e participación cidadá. Dereitos e deberes dos veciños no ámbito local.

11. A función local. O persoal ó servicio do concello e a súa clasificación. Dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime de incompatibilidades.

12. Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias. Orde de execución.

13. A Lei reguladora das facendas locais. Estructura e contido. Disposicións que a desenvolven.

14. Recursos locais. Impostos Taxas. Contribucións especiais. Prezos públicos. Outros recursos.

15. O orzamento das entidades locais. Principos xerais. Elaboración e aprobación. Modificacións orzamentarias.

16. O orzamento das entidades locais. Estructura orzamentaria. Fases de execución do gasto.

17. A tesourería. Funcións. Modalidades e instrumentos dos servicios financeiros. Recadación e período voluntario e en vía de constrinximento.

18. O arquivo: concepto. Clases de arquivo e o seu funcionamento. Principais criterios de ordenación. O dereito dos cidadáns ó acceso a arquivos e rexistros.

19. Definición de informática. Concepto de ordenador. Clasificación dos ordenadores. Partes. Sistema operativo. Programas do sistema e programas de aplicación.

20. Sistemas de tratamento de textos. Bases de datos. Follas de cálculo.

Bases particulares prazas de garda da policía local.

1. Titulación esixida: graduado escolar ou equivalente.

2. Requisitos específicos: estar en posesión como mínimo do carné de conducir das clases A2 e B2, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

3. Tribunal calificador: integrarano ademais dos vocais establecidos nas bases xerais, un representante da Delegación de Tráfico e o xefe da Policía Local do Concello.

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios eliminatorios:

a) Recoñecemento médico e psicotécnico.

Será realizado polos facultativos que para o efecto designe o tribunal que emitirán o oportuno informe sobre se os aspirantes son aptos ou non para o exercicio da función.

b) Probas de aptitude física.

1. Forza flexora de brazos.-Desde a posición de suspensión pura e total extensión dos brazos. Realizaranse un mínimo de cinco flexións, asomando o queixo por enriba da barra, e estendendo totalmente os brazos. Para as mulleres a mesma proba cun mínimo de tres flexións.

2. Salto de lonxitude sen carreira.-Saltar cara adiante cos dous pés ó mesmo tempo e sen coller carreira. Permítese o balanceo de pés de talón a metatarse sen perde-lo contacto co chan. Tomarase a medida desde o sinal máis atrasado que deixe o aspirante. A distancia mínima será de 2,25 m os homes de 1,95 as mulleres.

3. Abdominais e lumbares.-En posición horizontal e suxeitos os pás o aspirante incorporarase co seu tronco cara ós xeonllos. En posición horizontal e boca abaixo, cos pés suxeitos, o aspirante elevará o seu tronco cara a arriba. Os homes deberán realizar 25 exercicios de cada clase en 30 segundos e as mulleres 20 no mesmo tempo.

4. Flexións.-Partindo da posición de ángulo recto, formado entre a cabeza, pés e mans o aspirante co chan, realizará flexións de brazos, tocando o chan co peito, para logo volver á posición inicial. Os

homes deberán realizar un mínimo de 30 flexións e as mulleres 20.

5. Velocidade:-Carreira de 50 metros, con saída de pé e cos brazos estendidos ó longo do corpo, pés separados, con pernas estendidas e tronco rectos. O tempo mínimo será de 7,3 segundos para os homes e 8,3 para as mulleres.

6. Resistencia.-Percorrer 1.000 metros lisos. Para os homes o tempo mínimo será de 4 minutos e para as mullerles, 4 minutos e 30 segundos.

En tódalas probas físicas, agás a de resistencia, admitiranse alomenos dous intentos.

c) Exercicio escrito.

Obrigatorio e eliminatorio, con dúas partes:

1. Constestación por escrito, durante un tempo máximo de dúas horas, a dous temas, sacados ó chou, cada un dunha das dúas partes que figuran no programa anexo.

2. Exercicio práctico relacionado coas funcións e materias propias do cargo.

d) Proba de galego.

Voluntario e non eliminatorio. Consistirá nunha proba de coñecemento do galego a determinar polo tribunal.

6. Cualificación dos exercicios.

O exercicio a) cualificarase de apto ou non apto quedando eliminados os que non sexan cualificados de aptos. O exercicio b) cualificarase de 0 a 6 puntos, un por proba, quedando eliminados os que non acadaran un mínimo de 5 puntos no conxunto das probas. O exercicio c) cualificarase cada unha das dúas partes de 0 a 10 puntos, quedando eliminados os que non acadaran un mínimo de 10 puntos no conxunto das mesmas. O exercicio d) cualificarase de 0 a 2 puntos.

7. Cualificación final.

A suma das puntuacións acadadas no conxunto dos tres exercicios da fase de oposición maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis dun aspirante.

8. Nomeamento de funcionario en prácticas.

O aspirante proposto polo tribunal será nomeado funcionario en prácticas e deberá supera-lo curso correspondente na Academia Galega de Seguridade para ser nomeado en propiedade garda la Policía Local do concello. Durante o tempo que permaneza nesa situación percibirá as retribucións que lle correspondan polo soldo e pagas extraordinarias do grupo D agás nos períodos en que as prácticas se desenvolvan no mesmo posto de traballo.

Anexo bases garda policía local.

Parte primeira.

1. A Constitución como norma fundamental do Estado.

2. A Constitución. Título preliminar. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A organización do Estado na Constitución.

3. Principios xerais de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro).

4. A Administración do Estado. Caracterización xeral. O Goberno. A Administración periférica do Estado. O delegado do Goberno nas comunidades autónomas.

5. Estatuto de Autonomía de Galicia. A administración autonómica: características xerais.

6. O réxime local español. As entidades que configuran a Administración local española. A súa autonomía de acordo coa Constitución.

7. O municipio. Concepto e elementos. O termo municipal. A poboación órganos de goberno do concello e o seu funcionamento.

8. A función pública local. O persoal o servicio do concello e a súa clasificación. Dereitos e deberes dos funcionarios.

9. Organización da policía local. Estructura. Principios básicos de actuación. Colaboración con outras forzas e corpos.

10. Normativa sobre policías locais: réxime de ingreso. promoción e mobilidade. Réxime disciplinario.

Parte segunda.

1. A policía local como policía administrativa desde a perspectiva da lexislación do réxime local: ordenanzas, bandos e demais disposicións ou actuacións municipais.

2. A policía local como policía xudicial desde a perspectiva das normas estatais e autonómicas que lle atinguen. Dereitos do detido.

3. A ordenación do tráfico. Principios xerais e normas de circulación. Normativa reguladora.

4. Sinalizacións de tráfico. Criterios para ordena-lo tráfico no núcleo urbano. Adientamentos, detencións e estacionamentos.

5. Circulación de automóviles: clasificación, requisitos administrativos. Permisos de conducir: concepto, clases e facultades que confiren. Licencias de conducción.

6. O accidente de tráfico: concepto e clases. Investigación de accidentes. O atestado.

7. A Lei de seguridade vial: estructura e principios xerais. Protección civil: principios básicos de actuación e funcións da policía local.

8. Delictos dos funcionarios públicos contra o exercicio dos dereitos das persoas recoñecidos polas leis. Detencións ilegais. A entrada en domicilio.

9. Delictos dos funcionarios públicos no exercicio do seu cargo: infidelidade na custodia de documentos. Violación de segredos. Suborno a funcionario. Denegación de auxilio.

10. A Lei 3/1992, de coordinación das policías localis de Galicia. Principios. Órganos de coordinación. O réxime estatutario das policías locais de Galicia.

5173