Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

BASES para cubrir en propiedade unha praza de administrativo da Administración xeral vacante no cadro de persoal funcionario, por promoción interna (oferta de emprego público de 1996).

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

Convócanse probas selectivas para cubrir en propiedade una (1) praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa (grupo C), vacante no cadro de persoal funcionario deste concello, incluída na oferta de emprego público de 1996.

A praza cubrirase por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, entre os funcionarios deste concello pertencentes á escala de Administración xeral ou Administración especial que reúnan os requisitos esixidos na base segunda, conforme co establecido no artigo 22 da Lei 23/1988, do 28 de xullo, e na disposición adicional novena do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Estaren en posesión do título ou certificado de bacharelato (titulación actual) ou bacharelato superior (titulación antiga) ou ter unha antigüidade de dez anos nun posto pertencente ó grupo D da escala de orixe.

b) Pertenceren a unha escala de Administración xeral e/ou especial deste concello, cunha antigüidade de polo menos dous anos de servicios prestados en propiedade. Os dous requisitos acreditaranse mediante a certificación expedida polo secretario xeral do concello.

Terceira.-Solicitudes.

As instancias solicitando participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral do concello, no prazo de 20 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante extracto. Os solicitantes manifestarán nas instancias que réunen as condicións esixidas na base segunda da convocatoria. Así mesmo, xunto coa instancia, os interesados presentarán un currículum vitae e a documentación acreditativa, cos méritos que se valorarán na fase de concurso. Así mesmo deberán satisface-los dereitos de exame que se fixan en dúas mil pesetas.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde dictará unha resolución coa lista de admitidos e excluídos, e designará o tribunal cualificador e o lugar e a data para o comezo das probas. Esta resolución farase pública no taboleiro de anuncios

deste concello e no BOP. O prazo para posibles impugnacións, recusacións ou recursos será de dez días, a partir da data de publicación da citada resolución. Transcorrido este prazo sen que houber reclamacións, a lista de admitidos queda automaticamente elevada a definitiva.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador deste concurso-oposición estará formado polos seguintes membros:

Presidente: o alcalde do concello ou concelleiro en que delegue.

Secretario: a da corporación ou funcionario en que delegue.

Vocais: un representante da Comunidade Autónoma. Un funcionario de carreira proposto pola representación sindical do persoal funcionario. Un funcionario de carreira designado pola alcaldía.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos suplentes respectivos.

Os membros do tribunal deberanse abster de formar parte deste cando concorran as circunstancias previdas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificándollo á autoridade convocante. Os aspirantes poderán recusalos cando se dean os supostos previdos no artigo 29 da citada lei.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia, como mínimo, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

Sexta.-Sistema de selección.

Procedemento selectivo: a fase de concurso será previa á de oposición.

a) Na fase de concurso valoraranse os méritos presentados polos aspirantes no currículum vitae, ata un máximo de 11 puntos, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüidade: por cada ano completo de servicio no grupo de orixe, 0,25 puntos, ata un máximo de 5 puntos.

2. Titulacións académicas: estar en posesión doutra titulación distinta da esixida para participar nas probas, 1 punto.

3. Coñecemento da lingua galega: iniciación, 0,5 puntos; perfeccionamento, 0,5 puntos.

b) Fase de oposición: consistirá na realización dos seguintes exercicios:

1. Contestar por escrito, no prazo máximo de dúas horas, un cuestionario de 100 preguntas, con respostas alternativas, baseadas no contido do programa que figura no anexo destas bases, sen que se teña que ater a un epígrafe determinado del.

2. Realización dun ou varios supostos prácticos, de carácter informático, sobre a capacidade administrativa ou relacionados co contido do programa que figura no anexo destas bases.

Sétima.-Cualificación dos exercicios.

Os exercicios serán obrigatorios e eliminatorios. Cada un deles será valorado de 0 a 10 puntos por cada membro do tribunal e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos en cada un deles para superalos. As cualificacións obteranse sumando as puntuación outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de membros asistentes. O cociente desta división será a cualificación definitiva. As cualificacións publicaranse no taboleiro de anuncios do concello o mesmo día no que se outorguen.

Oitava.-Proposta de nomeamento.

O tribunal, se é o caso, formulará unha proposta de nomeamento para ocupa-la praza como funcionario de carreira ó aspirante que obteña as máximas puntuacións, logo de suma-las obtidas nas fases de concurso e oposición.

Novena.-Nomeamento e toma de posesión.

O aspirante proposto será nomeado funcionario de carreira polo alcalde para ocupa-la praza de administrativo da Administración xeral convocada. Aquel deberá tomar posesión dela no prazo dun mes, logo da presentación da documentación acreditativa de reuni-los requisitos sinalados na base 2ª.

Décima.-Incidencias.

O tribunal queda autorizado para resolver cantas dúbidas se lle presenten para o normal desenvolvemento do concurso-oposición en todo o non previsto nestas bases. Para isto, poderá adopta-los acordos precisos para a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

Décimo primeira.-Dereito supletorio.

En todo o non previsto nestas bases observarase o disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, RDL 781/1986, do 18 de abril, Lei 30/1984, do 2 de agosto, Lei 23/1988, do 28 de xullo, e Lei 42/1994, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, e demais concordantes.

Gondomar, xuño de 1996.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde

ANEXO

PROGRAMA DE TEMAS

1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado.

2. A división de poderes. Relación entre os poderes do Estado.

3. Estructura e contido da Constitución española de 1978. Principios xerais.

4. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión.

5. A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.

6. O Goberno e a Administración do Estado. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. Designación, duración e responsabilidade do Goberno.

7. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo. Reforma da Constitución.

8. As comunidades autónomas: constitución e competencias. Os estatutos de autonomía.

9. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais e contido.

10. Competencias e recursos financeiros da Comunidade Autónoma de Galicia. A asemblea lexislativa. O presidente e o Consello de Goberno. O Valedor do Pobo.

11. A Administración autonómica: organización e estructura básica. Control parlamentario da acción do Goberno.

12. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

13. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público. A lei e as súas clases.

14. O regulamento: concepto, clases e límites.

15. O acto administrativo: concepto, clases e elementos.

16. Eficacia e validez dos actos administrativos. A súa modificación. Notificación e publicación. Revisión en vía administrativa: anulación e revogación.

17. O procedemento administrativo: concepto e clases. A súa regulación actual.

18. Idea xeral da iniciación, ordenación, instrucción e finalización do procedemento.

19. O silencio administrativo.

20. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles: cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

21. Os recursos administrativos: concepto e principios xerais. Recursos ordinarios e de revisión. A xurisdicción contencioso-administrativa.

22. O réxime local español: principios constitucionais e regulación actual. A autonomía local.

23. A provincia e o municipio no réxime local español. Regulación constitucional e ordinaria.

24. A organización provincial. A deputación provincial: o presidente, o pleno e a comisión de goberno. Competencias das deputacións provinciais.

25. A organización municipal. O concello: o alcalde, o pleno e a comisión de goberno. Competencias dos concellos.

26. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Procedemento de elaboración e aprobación.

27. Os bens das entidades locais. As súas clases. Réxime dos bens de dominio público.

28. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. O outorgamento de licencias.

29. O servicio público na esfera local. Modos de xestión dos servicios públicos locais. A concesión.

30. Funcionamento dos órganos colexiados locais.

31. Os recursos locais na Lei 39/1988, reguladora das facendas locais. Enumeración. Ingresos de dereito privado. Tributos. Prezos públicos.

32. A xestión recadatoria das entidades locais: concepto, réxime legal, períodos de recadación.

33. Recadación en período voluntario: obrigados ó pagamento, requisitos e medios de pagamento, aprazamento e fraccionamento.

34.Outras formas de extinción da débeda: prescrición e compensación.

35. Recadación en período executivo: disposicións xerais do procedemento de constrinximento, embargo de bens, alleamento de bens embargados, créditos incobrables.

36. A función pública local. Cadros e relacións de postos de traballo. A oferta de emprego público. A selección dos funcionarios propios da corporación.

37. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Os dereitos colectivos. A seguridade social dos funcionarios locais. Referencia ó persoal laboral.

38. A contratación administrativa na esfera local.

39. A facenda local. Ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local.

40. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

9605029