Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, na súa sesión do 9 de xullo do ano que andamos, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle para establece-la ordenación de volumes na unidade de execución número 20-O Temple, das normas subsidiarias municipais, presentado por Promociones Xuanzo, S.L., e redactado polo arquitecto José Ramón Díaz Barbeito.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo de quince días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 11 de xullo de 1996.

Augusto Rey Moreno

Alcalde en funcións

9605028