Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Xestión de Explotacións Agrarias Axe-Baixo Miño.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Agrupación de Xestión de Explotacións Agrarias Axe-Baixo Miño, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas, titulares dunha explotación ou que traballen como axuda familiar en explotacións agrarias, así como aqueles agricultores que teñan esta actividade como complementaria con outras actividades.

Asinan a acta de constitución Juan José Otero e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5304