Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o a modificación dos estatutos da Federación Gallega de Asociaciones Provinciales Empresariales de Fontanería, Calefacción, Gas, Climatización, Mantenimiento y Afines (Fegafon).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nesta, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 27 de xuñlo de 1996, certificación do secretario da referida federación, Juan J. Blanco Cubeiro, avalada co visto e prace do seu presidente, na que se recolle o acordo de modificación estatutaria acadado na asemblea xeral celebrada o 5 de xuño de 1996, e que se concreta no cambio de domicilio social, pasando á r/ Salvador y Merino, 9-11. Portal 5 entresuelo (A Coruña).

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5264