Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de xogo 2/1996.

Intentada a notificación directa ós interesados, Complejo Educativo, S.A., sito na rúa Mallorca, 250, Atco. de Barcelona, e Francisco Raña Castro, con enderezo na rúa de Caselas, 9, 1º A de Vigo e outras persoas que puidesen resultar responsables, da proposta de resolución formulada polo instructor no expediente C-2/1996, e ó non poder efectuar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Proposta de resolución do expediente sancionador: 2/1996.

«Que o Consello da Xunta de Galicia, logo da proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, acorde:

Sancionar a Complexo Educativo, S.A. e a Francisco Raña Castro, respectivamente, con multa de un millón mil pesetas (1.001.000 ptas.), a cada un deles, pola comisión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28 d) e g) da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da mesma lei, por ter instaladas e en explotación dúas máquinas recreativas tipo «B» no establecemento Bar J. Pardo, do concello de Touro (A Coruña) carecendo de toda a documentación esixida pola lexislación vixente.

Inpoñer como sanción accesoria a destrucción das respectivas máquinas tipo «B» comisadas por careceren de toda documentación respectiva esixida legalmente».

Contra a presente proposta de resolución poderán os interesados formula-las alegacións que consideren oportunas e presenta-los documentos e informacións que estimen pertinentes, no prazo de 15 días a partir do día seguinte á publicación desta proposta, perante o instructor do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987,do 26 de decembro, de potestade sancionadora da administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, e no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 11 de xuño de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

5263