Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o prego de cargos formulado nos expedientes sancionadores en materia de xogo C-7/1996 e C-8/1996, incoados ó abeiro da Lei 14/1985.

Intentada a notificación directa ós interesados do prego de cargos nos expedientes de referencia, e ó non poder efectuar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Expediente sancionador: C-7/96 e C-8/96.

Interesados: Complexo Educativo, S.A., sito na rúa Mallorca, 250 Atco., de Barcelona e outras persoas que puidesen resultar responsables.

Prego de cargos:

«Segundo o contido das actas de data 27 de febreiro de 1996; de 28 de febreiro de 1996, redactada e ampliada con informes de data 25 de marzo de 1996, efectuadas polos inspectores de xogo da Xunta de Galicia no establecemento Bar Pallas, sito na Silva en Cerceda; Parrilada Casablanca sita na estrada de Ordes en Cerceda, observouse que os ditos locais tiñan instalada unha máquina chamada Mini Tómbola de Reloxos, sen placas nin autorizacións, feito que podería constituír falta moi grave segundo o artigo 28 da Lei 14/1985, da Xunta de Galicia, modificada pola Lei 7/1991, por infracción dos artigos 19, 20 e 21 do Decreto 274/1986, modificado polo Decreto 247/1990, e sancionable segundo o artigo 31 da citada Lei 14/1985».

Comunícaselles ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar e no artigo 6.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para que nun prazo de 15 días hábiles, contado desde o día seguinte á notificación, aleguen e presenten a documentación que estimen pertinente na súa defensa.

A Coruña, 11 de xuño de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

5252