Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 17 de xuño de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Santiago de Arcos (Mazaricos-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Santiago de Arcos (Mazaricos-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 2681/1965, do 14 de agosto (BOE nº 220, do 14 de setembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 17 de xuño de 1996, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Mazaricos e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interponer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (edificio administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa

residente nel a quen teña que facérselle as notificacións.

A Coruña, 17 de xuño de 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

5251