Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 440/1996, R.C.I. 16.798).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Campo Brick, S.L., co enderezo no lugar de Albixoi, concello de Mesía, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Planta de coxeración cunha potencia eléctrica total en bornas dos xeradores de 9.200 kVA, composta de:

-Dous motores de combustión interna tipo diésel, funcionando con gasóleo ou fuel oil, gas natural e cunha potencia de 3.825 kW mecánicos cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos, de 4.600 kVA cada un, tensión de xeración 6 kV, factor de potencia 0,8.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calores en forma de vapor e auga quente.

-Instalacións de baixa tensión, de regulación e control de todo o sistema.

-Outras instalacións auxiliares.

-Orzamento: 447.821.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 12 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9605246