Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación da proposta de resolución do expediente sancionador 48/1995.

Intentada a notificación directa á titular do establecemento denominado Bar A Volta da Esquina María Ferreiro Ruiz, da proposta de resolución formulada pola instructora no expedinete P48/1995, e, ó non poder efectuar esta, resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Sancionar a María Ferreiro Ruiz, titular do establecemento denominado Bar A Volta da Esquina, sito na rúa Otero Pedrayo, 4, do concello de Vigo, con multa de cincuenta mil pesetas(50.000 ptas.), como responsable da infracción administrativa grave prevista no artigo 29 i) da Lei 14/1985, sancionable a través do artigo 31.2º da mesma lei, por ter instalada e en explotación unha máquina recreativa tipo B, modelo B-1844, serie JCH-92-2631, guía de circulación número 1022464 e autorización de explotación GA P3894 carente de boletín de instalación e pertencente á empresa operadora Recreativos Veiga, S.L.

Pontevedra, 2 de xullo de 1996.

María Jesús Padín García

Instructora

5273