Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.074

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (323/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que no xuízo de divorcio, seguido neste xulgado co número 323/1994, se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 15 de maio de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co númeor 323/1994, no que actuaron como partes Isolina Fernández Iglesias, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Manuel Merelles e asistida polo letrado Salvador Antonio Rodríguez Gavela; como demandado, Ramón Enrique Hernández y Naspe, maior de idade e residente en Venezuela, non comparecido nas actuacións, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo, que debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por Isolina Fernández Seijas e Ramón Enrique Hernández y Naspe, e aprobo como medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal, creada por esta resolución, a atribución da garda e custodia sobre o fillo menor do matrimonio á demandante, sen prexuízo de que

poidan fixarse en execución de sentencia o réxime de visitas ou a contribución económica.

Non se fai imposición das custas. Unha firme esta resolución, líbrense os despachos oportunos para practica-la inscrición marxinal dela no Rexistro Civil.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado, no prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe.»

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Ramón Enrique Hernández y Naspe, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vintenove de maio de mil novecentos noventa e seis. Dou fe.

A secretaria

Rubricado

5166