Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 28 de xuño de 1996, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican comprobacións de valores dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (Díaz Piñeiro, Carlos Agustín e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de comprobación de valores e liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46.1º, do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Contra estas valoracións poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria, ou reclamación ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, un e outra no prazo de quince días hábiles contado desde o seguinte a esta publicación, sen que poidan simultanearse ámbolos dous recursos.

Así mesmo, poderase solicitar ante o Servicio de Xestión Tributaria a práctica da taxación pericial contradictoria tamén no prazo de quince días hábiles computados da mesma forma.

No caso de interpoñer reclamación económico-administrativa, deberase xustificar ante este

servicio, para os efectos de interrompe-lo procedemento administrativo de liquidación sobre o valor comprobado.

Lugo, 28 de xuño de 1996.

Gonzalo Luis Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

ContribuínteEnderezoValor asignadoExpediente

Díaz Piñeiro, Carlos AgustínAv. Coruña 23-3º B-Lugo21.455.6101735/91
Lage Freire, Manuel Ángelr/ Independencia, 31-2º A-A Coruña4.501.4842873/93
Vázquez Varela, Segundar/ Hermanos Pedrosa, 3-Lugo1.068.803324/95

5167