Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.064

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de marzo de 1996 reguladora das autorizacións de transporte discrecional de viaxeiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na publicación da devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 64, do 29 de marzo de 1996, é preciso efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 2.948, na segunda columna, no artigo 12º, paragrafo 2, onde di: «..., sempre que o vehículo non exceda de 8 anos contados desde a súa primeira matriculación», debe dicir: «..., sempre que o vehículo non exceda de 6 anos contados desde a súa primeira matriculación».

-Na páxina 2.951, na segunda columna, no artigo 25º, letra a, onde di: «Modificación do ámbito das autorizacións por cambio de comarcal a territorial ou de local a provincial e viceversa, para vehículos ...», debe dicir: «Modificación do ámbito das autorizacións por cambio de comarcal a territorial ou de local a provincial, para vehículos ...»

5281