Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 22 de xullo de 1996 Páx. 7.064

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 5187/1996 interposto por Eduardo Canabal Sanz.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

en relación co recurso contencioso-administrativo número 5187/1996 interposto por Eduardo Canabal Sanz, contra acordo do Concello de Vigo, do 30-4-1996, punto 16.a), sobre modificación do estudio de detalle da U.E. III-05 Pastora e acordo da Xunta de Galicia de 29-4-1993 (DOG 10-5-1993), Expte. emenda deficiencias de adaptación do PXOU de Vigo á LASGA; esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas personas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5313