Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 7.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de servicios consistente na distribución de seis números da revista Consumidores e de dous boletíns trimestrais da Axencia Europea de Información ós Consumidores.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 8/1996

Obxecto do contrato: distribución de seis números da revista Consumidores e de dous boletíns trimestrais da Axencia Europea de Información ós Consumidores, para a súa entrega nos meses que van de agosto a decembro de 1996.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución rematará o 31 de decembro de 1996.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: tres millóns novecentas mil pesetas (3.900.000 pesetas), sendo o importe da distribución de cada un dos números da revista Consumidores de 600.000 pesetas e da distribución de cada un dos boletíns de 150.000 pesetas.

Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de contrato (78.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

-Teléfono: 54 55 22.

-Fax: 57 34 69.

Data de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Gali

cia, por tratarse dun expediente urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.

Documentación a presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses según o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.C.A .P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura de ofertas:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Si éste fose inhábil ou sábado, se posporá ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce horas e trinta minutos.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

5451