Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 7.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de servicios consistente na impresión de seis números da revista Consumidores.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 6/1996.

Obxecto do contrato: preimpresión, impresión, fotomecánica e encadernación de seis números da revista Consumidores, para a súa entrega nos meses que van de agosto a decembro de 1996.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución rematará o 31 de decembro de 1996.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: nove millóns seiscentas mil pesetas (9.600.000 pesetas).

Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de contrato (192.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

-Localidade e código postal:Santiago de Compostela, 15771.

-Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.C.A .P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura de ofertas:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Si este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: nove horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

5182