Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 7.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a elaboración dun estudio sobre o impacto da reforma laboral e institucionalización das relacións laborais en Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consello Galego de Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Administración.

c) Enderezo: Consello Galego de Relacións Laborais, Praza de Vigo, nº 2-baixo, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 57 29 00; Fax: (981) 57 29 29.

d) Número do expediente: 96/13/1048.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoria e asistencia.

b) Descrición do obxecto: elaboración dun estudio sobre o impacto da reforma laboral e institucionalización das relacións laborais en Galicia.

3. Orzamento base da licitación.

Importe total: 4.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Prazo de execución do contrato.

45 días, contados desde o seguinte ó da formalización do contrato.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (80.000 ptas.).

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (160.000 ptas.).

6. Presentación das proposicións.

a) Lugar: no rexistro xeral do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na Praza de Vigo, nº 2-baixo, 15701 Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ós vinteseis días naturais, ás 14 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

7. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Modelo de proposición.

A que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas particulares.

Tódolos interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envio por correo, na Sección de Administración do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na praza de Vigo, nº 2-baixo, 15701 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

10. Apertura das proposicións.

Terá lugar en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (edificio administrativo San Caetano, bloque 5 - 3ª planta-Santiago de Compostela), ás 11 horas do día 18 de setembro de 1996.

11. Solvencia económica-financeira e técnica dos licitadores.

As condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (apartados 5 e 6).

12. Criterios de adxudicación do concurso.

Relacionaranse na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Variantes.

Pódense presentar variantes ou alternativas á definida no proxecto obxeto da licitación, definido no prego de prescricións técnicas particulares.

14. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Incumprimento do contrato.

O incumprimento total ou parcial do contrato conlevará a aplicación de intereses de demora.

16. Anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5450