Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 18 de xullo de 1996 Páx. 7.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Sectorial de Criadores Avícolas de Galicia (Acriaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e mailos estatutos da Asociación Sectorial de Criadores Avícolas de Galicia (Acriaga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderan pertencer á devandita asociación aquelas persoas físicas ou xurídicas que realicen ou promovan actividades relacionadas co sector avícola.

Asinan a acta de constitución: Alfredo Canabal Liñares e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5465