Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.908

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 26 de xuño de 1996 pola que se declara alleable unha parcela de 1.148 m aproximadamente que forma parte do predio onde se atopa o complexo deportivo Monterrei, sito no lugar do Penedo, termo municipal de Pereiro de Aguiar (Ourense).

O artigo 10.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega esixe, para que se produza a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma, acordo do Consello da Xunta, logo da instrucción do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

En cumprimento do citado precepto, o Consello da Xunta aprobou o Decreto 234/1996, do 30 de maio, polo que se desafecta do dominio público unha parcela de 1.148 m aproximadamente que forma parte do predio onde se atopa o complexo deportivo Monterrei, sito no lugar do Penedo, termo municipal do Pereiro de Aguiar (Ourense).

Por isto, unha vez adquirida natureza patrimonial e co obxecto de posibilita-lo seu alleamento, cóm

pre, segundo o artigo 24 da citada Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade galega, proceder á súa declaración de alleabilidade.

En virtude do anterior,

DISPOÑO:

1. Declárase alleable unha parcela de 1.148 m aproximadamente que forma parte do predio onde se atopa o complexo deportivo Monterrei, sito no lugar do Penedo, termo municipal do Pereiro de Aguiar (Ourense). Linda: ó norte co predio matriz e predio da Fundación San Rosendo; sur, nunha lonxitude de 38 metros, con camiño particular da Fundación San Rosendo; leste, con predio da dita Fundación, e oeste, co predio matriz.

2. O inmoble descrito no parágrafo anterior constitúe unha porción que se vai segregar do predio no que se sitúa o complexo deportivo Monterrei, atopándose inscrito o dito predio no Rexistro da Propiedade nº 2 de Ourense, no tomo 1.336 do arquivo, libro 88 do concello do Pereiro de Aguiar, folio 163, finca 10.435, inscrición 1ª.

3. A valoración da parcela, logo da taxación correspondente, ascende a un millón noventa mil seiscentas ptas. (1.090.600 ptas.)

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5111