Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 12 de xullo de 1996 pola que se determinan os servicios mínimos que se manterán durante a folga convocada na empresa Automóviles de Tui, S.A. para os días 15, 19, 22, 26 e 29 de xullo de 1996.

Ante a convocatoria de folga presentada polos delegados de persoal da empresa Automóviles de

Tui, S.A. procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, esta consellería determine os servicios mínimos que permitan, en sintonía co establecido no artigo 28.2º da nosa Constitución, compaxina-lo exercicio do lexítimo dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servicios esenciais á comunidade.

Na súa virtude, e de conformidade co establecido no Decreto 61/1985, de 18 de abril e no Decreto 155/1988, de 9 de xuño,

DISPOÑO:

Os servicios mínimos que deberán manterse durante la folga convocada na empresa Automóviles de Tui, S.A. serán os seguintes:

A) Servicios con orixe ou destino en Baiona:

-Con saída de Baiona, antes das 9 horas: ás 6 h Baiona-Vigo, por Nigrán; ás 6.15 h Baiona-Vigo, por Nigrán-Camos; ás 6.50 horas Baredo-Baiona-Vigo, por Nigrán, ás 7,15 horas Baiona-Vigo, por Panxón e ás 8 h Baiona-Vigo, por Nigrán.

-Os servicios de volta serán os sequintes: ás 8 h Vigo-Baiona, por Nigrán, ás 8.15 horas Vigo-Baiona, por Panxón; ás 8.30 h Vigo-Baiona, por Nigrán.

-Con saída de Baiona, despois das 18 horas: ás 18 h Baiona-Vigo, por Nigrán, ás 19.15 h Baiona-Vigo, por Panxón; ás 20 h Baiona-Vigo, por Nigrán.

-Os servicios de volta serán os seguintes: ás 20 h Vigo-Baiona, por Nigrán; ás 20.15 h Vigo-Baiona, por Panxón; ás 21 h Vigo-Baiona, por Nigran.

B) Servicios con orixe ou destino en Gondomar:

-Con saída de Gondomar, antes das 9 h ás 7.45 h Gondomar-Vigo, por Panxón.

-Os servicios de volta serán los seguientes: ás 7 h Vigo-Gondomar, por Panxón e ás 8.45 h Vigo-Gondomar, por Panxón.

-Con saída de Gondomar despois das 18 h: ás 19.45 h Gondomar-Vigo, por Panxón.

-O servicio de volta será o seguinte: ás 20.45 h Vigo-Gondomar, por Panxón.

C) Servicios con orixe ou destino na Guarda:

-Con saída da Guarda, antes das 14 h ás 6 h A Guarda-Tui-Vigo, por Torrón; ás 7.30 h A Guarda-Oia-Baiona-Vigo; ás 8 h A Guarda-Taborda-Tui-Vigo, desde Camposancos.

-Os servicios de volta, serán os seguintes: ás 11.30 h Vigo-Tui-Torrón-A Guarda; ás 12 h Vigo-Baiona-A Guarda; ás 12.30 h Vigo-Tui-Taborda-A Guarda-Camposancos.

-Con saída da Guarda, despois das 18 h: ás 19 h A Guarda-Tui-Vigo, por Torrón.

-Os servicios de volta, serán os seguintes: ás 19 h Vigo-Baiona-A Guarda; ás 19.30 h Vigo-Tui-Taborda-A Guarda; ás 20.30 h Vigo-Torrón-A Guarda-Camposancos.

D) Servicios regulares de uso especial para transporte de obreiros: tódolos servicios nas expedicións anteriores ás 9 horas e despois das 18 horas.

E) Servicios regulares especiais para transporte de escolares e de estudiantes.

Deberanse manter tódolos servicios de escolares e estudiantes nas expedicións normalmente establecidas de luns a venres inclusive.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

5112