De acordo co establecido no artigo 8, apartado 2º, da Lei 10/1983, do 9 de decembro, reguladora do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia, de conformidade coa elección efectuada polo Parlamento de Galicia na súa sesión do día 24 de outubro de 1995, e logo do coñecemento do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xullo de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Nomear membro do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia, a José Antonio Gestido Carballo.
De conformidade co disposto no artigo 57.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, o nomeamento producirá efectos desde a data da elección efectuada polo Parlamento de Galicia.
Santiago de Compostela, doce de xullo de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
5447