Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 15 de xullo de 1996 Páx. 6.865

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 279/1996, do 12 de xullo, polo que se nomea a Miguel Fidalgo Areda membro do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia.

De acordo co establecido no artigo 8, apartado 2º, da Lei 10/1983, do 9 de decembro, reguladora do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia, de conformidade coa elección efectuada polo Parlamento de Galicia na súa sesión do día 24 de outubro de 1995, e logo do coñecemento do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Nomear membro do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia, a Miguel Fidalgo Areda.

De conformidade co disposto no artigo 57.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o nomeamento producirá efectos desde a data da elección efectuada polo Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

5446