Efectuada pola asemblea xeral do Consello da Xuventude de Galicia, na súa sesión do 27 de abril de 1996, a elección do presidente do consello, resulta necesario que, de conformidade co establecido no artigo 18.3º da Lei 271987, do 8 de maio, o Consello da Xuventude de Galicia proceda ó nomeamento daquel en virtude da proposta da devandita asemblea.
Polo exposto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xullo de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Nomear a José Antonio Constenla Ramos presidente do Consello da Xuventude de Galicia.
Santiago de Compostela, doce de xullo de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
5442