Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/85-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Parque Eólico A Capelada AIE.

Enderezo social: Avda. de Burgos, 8-B planta 18, 28000 Madrid.

Denominación: L.A.T a 132 kV Parque Eólico A Capelada-Subest. Mera.

Situación: Cedeira-Ortigueira.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 132 kV, sobre apoios metálicos en celosía e con conductor LA-180, de 7.115 m de lonxitude, con orixe na subestación do Parque Eólico A Capelada, en simple circuito y con conductor de terra AC-50 ata o apoio nº 4 da liña subestación de Cedeira-subestación de Mera, e en dobre circuíto un de Parque Eólico A Capelada e outro de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., desde apoio nº 4 a pórtico de chegada de subestación de Mera, discorrendo polos concellos de Cedeira e Ortigueira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 31 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5271