Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996 pola que se convoca o concurso público para a contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato arriba indicado (e que, xunto coa demais documentación de interese para os licitadores, pódese recoller no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 44 00, fáise público o seguinte anuncio:

1. Obxecto: contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros predoutorais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Orzamento: 8.355.000 ptas.

3. Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en sobres cerrados e asinados polo licitador ou a persoa que o represente no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

4. Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 17 de setembro de 1996.

5. Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

Máximo García Serrano

Secretario Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

4676