Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1996 pola que se anuncia a licitación da asistencia técnica para a realizacion da tramitación técnica dos expedientes de aproveitamentos de auga nas concas de Galicia-costa norte, de clave OH.088.144/AT.

Orzamento: 123.297.507 ptas. (cento vintetrés millóns duascentas noventa e sete mil cincocentas sete pesetas).

-Concurso procedemento aberto.

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 45 51.

Telefax nº: (981) 54 45 29.

2. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Número de referencia da CCP 867.

3. Lugar de execución.

Provincias da Coruña e Lugo.

4. a), b), c) cualificación profesional do persoal responsable.

É a indicada no apartado 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións as modificacións que poidan facelas más convenientes para a realización do obxecto do contrato.

7. Prazo de execución do contrato.

20 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono: (981) 54 45 51.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude.

30 de agosto de 1996.

9. a)Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 9 de setembro de 1996, ás 10 horas.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (2.465.950 ptas.).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (4.931.900 ptas.).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada pola Dirección Xeral de Obras Públicas, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa ofertas.

3 meses conforme ó artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

17. Data de envío do anuncio.

25 de xuño de 1996.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

25 de xuño de 1996.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5278