Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro duns inmobles sitos no entresollado segundo do número 196 da rúa Real de Ferrol para situar dependencias do Xulgado do Social número dous.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns de urxencia e das peculiaridades dos locais, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a utilización do procedemento de contratación

directa do alugueiro duns inmobles sitos no entresollado segundo do nº 196 da rúa Real de Ferrol, para situar dependencias do Xulgado do Social nº 2.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

5001