Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1996, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se siñala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de alargamento e mellora da estrada AC-103, tramo: Felgosas-As Somozas, clave: N/AC/90.5.1.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galícia, establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 15 de abril de 1996, procédese á aprobación do proxecto do trazado da obra de alargamento e mellora da estrada AC-103, tramo: Felgosas-As Somozas, T.M. de As Somozas, Moeche e Cerdido, clave: N/AC/90.5.1, polo conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 26 de abril de 1996, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 150/1996, publicado no DOG nº 83.

Na sua virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiacións forzosas do 16 de cecembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para súa aplicaión, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación

exposta nos concellos das Somozas, Moeche e Cerdido, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recolleran os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuizo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Casa Consistorial do Concello das Somozas.

De: 9 horas a 13 horas.

Data: 22 de xullo de 1996, dos predios: 400 a 455.

-Casa Consitorial do Concello de Moeche.

De: 9 horas a 13 horas.

Data: 23 de xullo de 1996, dos predios: 200 a 286.

-Casa Consistorial do Concello de Cerdido.

De: 9 horas a 13 horas.

Data: 24 de xullo de 1996, dos predios: 1 a 87.

Data: 26 de xullo de 1996, dos predios 88 a 176.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persona debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este servicio provincial de estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza de Luís Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 1 de xullo de 1996.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe Provincial de Estradas da Coruña

5245