Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.836

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 10 de xuño de 1996 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo adxunto.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

-Xesús Ferro Couselo. Día das letras galegas 1996: 606 ptas.

-Breve forma de confesión: 3.000 ptas.

-Quiroga Palacios: 750 ptas.

-Pascual Veiga: 750 ptas.

-Vicente Risco: 750 ptas.

5288