Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 11 de xullo de 1996 Páx. 6.811

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO da convocatoria do concurso das obras de urbanización do parque empresarial da Pastoriza (Lugo). Fase 1. Orzamento total: 69.845.543 ptas.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto técnico e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, nº 6-5º de 11 a 14 horas, de luns a venres, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

As proposicións económicas e demais documentación esixida para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur Lugo, ata o vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

A apertura das proposicións económicas efecturase o vixéximo oitavo día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, ou ó inmediato hábil seguinte se o vixésimo oitavo día natural cadra en sábado, domingo ou festivo, na sala de xuntas de Xestur Lugo.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Rubricado

5062